No hay sartén que dure

Publicado un xoves, 5 de Xullo de 2007. Categorías: Piso estudiantes

De los productores de Sí, no tengo pota, llega su nueva superproducción: Sí, no tengo mango.

sarten

La desgarradora historia de una sartén que de tanto fregarla perdió la pintura del fondo y cuya base dejó de ser plana para tener unas extrañas curvas. Pero eso no era lo peor. ¡También perdió el mango! Pero tranquilos todos, que aún así todavía se puede cocinar con ella. Próximamente, en los mejores pisos de estudiantes.

Decálogo para vivir nun piso de estudiantes

Publicado un luns, 4 de Xuño de 2007. Categorías: Piso estudiantes

[Esta lista irá crecendo]

  1. Aprende a prescindir de calquera cousa material. Principio basado na filosofía budista; non é máis feliz quen máis ten, senón quen menos necesita. Seguro que es capaz de prescindir de moitas cousas: silla con respaldo, vasos, culleres… Á fin e ó cabo, o ser humano ten unha enorme capacidade de adaptación. ¡Aprovéitaa!
  2. Perde escrúpulos. Isto facilita moito as cousas. Non terás que volver a fregar un prato que ves que ten pequenas manchiñas, non desconfiarás do cheiro a fritanga variada que desprende a sartén… Truco: axudarache pensar que en calquera restaurante son menos coidadosos con detalles deste estilo (podes incluso pensar que no teu restaurante favorito che escupen na comida).
  3. Se algo non che custa ningún traballo, ¡faino! (aínda que non che toque). Por exemplo, baixar a bolsa da basura se vas saír, comprar algo común de paso que vas ó súper ou varrer o pasillo de paso que varres a túa habitación.

Aceite ardiendo en El hormiguero

Publicado un domingo, 29 de Abril de 2007. Categorías: Universitario, Piso estudiantes

Estaba puesto el hormiguero de fondo y oí una historia que me recordó a lo que nos había pasado en nuestro el año pasado. Muestran lo que pasa cuando le echas agua a una sartén con aceite ardiendo. Así que lo grabé para subirlo y ponerlo aquí. Es instructivo y además dicen qué hacer.


Diario dun piso…(V) - Xa somos catro

Publicado un venres, 10 de Novembro de 2006. Categorías: Piso estudiantes

Pois si, xa somos catro no noso piso. Dende este luns. Temos nova compañeira. Chamoume o sábado para preguntar polo piso. Vini, vidi, venci. Veu o luns pola mañá, viu o piso e aceptou. Trasladouse esa mesma noite.

Chámase María e é de Lugo. Este é o seu primeiro ano en Bioloxía. A miña cara xa lle sonaba de verme na Escola de Idiomas. De momento non nos coñecemos moito (apenas estou no piso, só das 23 horas en diante).

Aguntaranos? Soportaranos? Para sabelo teremos que agardar.

Diario dun piso…(IV) - Miluca

Publicado un mércores, 1 de Novembro de 2006. Categorías: Piso estudiantes, Coruña

Justo debajo de nuestro piso hay una panadería. No es una panadería al estilo San Brandán (franquicia de panaderías que invade todo Coruña), sino que es una panadería de barrio, tradicional. En realidad todo el barrio (los Mallos) tiene mucha tiendas de este estilo.

La panadera se llama Miluca. El otro día cuando fui a comprar una barra (vale, era media barra…), estaba un poco apartada escribiendo en su libreta. Después sabría lo que estaba haciendo. Cuando llegué me dijo que qué calor hacía, que había que volver a sacar el bikini. Después llegó otra señora y le dijo que el miércoles festivo abrían muchas tiendas (y se puso a enumerar). Entonces entendí que lo que estaba haciendo antes era prepararse temas de conversación. Porque el encanto de las tiendas de barrio es el trato. Como dijo Carlos, pagas por la conversación y de regalo viene el pan.

Pachi

Publicado un domingo, 29 de Outubro de 2006. Categorías: Rayadas, Amigos, Piso estudiantes

Lo que más echo de menos de Pachi en el piso (no es que tuviera la p*** música puesta toda la tarde, ni el p*** songoku por la noche) es cuando venía a molestar a Carlos, yo me unía y nos poníamos a hablar, entre amigos, hasta las tantas (aunque hubiera que madrugar).

Diario dun piso… - Semana III

Publicado un domingo, 22 de Outubro de 2006. Categorías: Amigos, Piso estudiantes, Coruña

Durante a semana comprometinme a escribir sobre o que pasou o martes coa visita de Teira. Nunca me volverei a comprometer a escribir sobre algo no blog, porque se despois non me apetece é un coñazo. Ademais todo o mundo xa se enterou de que pasou e escoitou varias versións. Incluso Teira recolle no seu blog Rima Libertina outra crónica.

En resumo: Teira subiu a Coruña para sacar fotos de María Pita sen cámara e saúdar a un/s amigo/s co/s que non había quedado; cando lle deu por aí apareceu no noso piso aparentemente ebrio e cunha litrona; mexou moito; quedou a durmir; ó día seguinte marchou.

Iso é o que mola de vivir nun piso de estudiantes: os amigos*. Vives con amigos. Podes ir a facerlles visitas ós amigos. Poden vir amigos a cear. Podes ir a outra cidade a ver a amigos. Sempre hai amigos cerca. Pasas moito máis tempo cos amigos.

Unha visita dun amigo nunca molesta, aínda que non se poda falar nin razonar con el. :-P Teira, a ver se volves pronto (aínda que o día despois en clase foi difícil aguantar desperto).

*Amigo: aquela persoa que che coñece a fondo e sabe todo sobre ti e, aínda así, quéreche e preocúpase por ti.

Minientrada

Publicado un mércores, 18 de Outubro de 2006. Categorías: Universitario, Piso estudiantes, Coruña

Escribo esta minientrada desde a facultade para tranquilizar a todos os que se preocuparon pola entrada anterior. Non fai falla que veña ninguen máis a Coruña a tranquilizarme! Non é para tanto! Non me vou cortar as venas! Parece ser que a todos a interpretaron esaxeradamente. E Teira decidiu pasar á acción e vir aquí!!

Proximamente neste blog: a historia de Teira completa, máis reflexións sobre os sábados, máis rayadas de David, a monarquía dos Lunnis e moito máis. E todo escrito mellor e con menos présa.

Diario dun piso… - Semana II

Publicado un domingo, 15 de Outubro de 2006. Categorías: Universitario, Piso estudiantes, Coruña

Esta semana Teira veu a Coruña. A ver se cunde o exemplo, porque os da UDC baixamos moitas veces a Santiago,resultados pero ó revés case nunca pasa; sempre somos os mesmos os que pringamos. Mola quedar todos xuntos para facer algo, pero agora a pelota está no tellado dos de Santiago: a próxima vez tócavos subir a vós.

Dicía que Teira veu a Coruña. Veu para a cea semanal do luns, na que nos xuntamos case todos os colegas que estamos en Coruña. Tocou no noso piso esta semana. O menú elixido foi pizza uruguaya. Como sempre, mal planificado: acabamos comprando no Opencor.

resultadosTeira durmiu no piso de Uru. … Pásanseme tantas cousas pola cabeza… Deixémolo, postos a ser hipócritas, en que Teira é un personaxe e en que o caso de Teira é un caso peculiar. Por certo, Teira, que era o de “ugtgthtoabshag”? nada? un invento? porque xa pasou o prazo no que se supoñía que algo ía cambiar e todo segue igual.

Diario dun piso… - Semana I

Publicado un domingo, 8 de Outubro de 2006. Categorías: Universitario, Piso estudiantes, Coruña

Esta semana que morre hoxe comezou o curso universitario para min. A partir de agora, comezarei a facer honra do título do blog e contarei como é a vida no noso piso de estudiantes™.

O luns foi o primeiro día de clase, clase pola tarde por certo. Cada vez se está mellor na facultade: máis coñecidos e máis máis-que-coñecidos (gracias á gran cena de fin de curso do gran Ras!), asignaturas (aparentemente) máis fáciles, sabes donde está todo e como vai todo, Bruno o de reprografía saúdache, etc.

Para este curso teño dous propósitos. O primeiro é manter o piso limpo. Para todo aquel que non vivise nun piso de estudiantes™ coméntolle que este é un tema ben delicado. Pode ocorrer (como nos ocorreu o ano pasado) que todos os que vivan no pisan estén de acordo en que “hai que limpar”, en que “así non se pode seguir” e en que “o que máis limpa son eu”, pero que ninguén faga nada. Este ano, de momento vai ben. Aínda non nos deu tempo a manchar moito, pero o que fomos manchando fómolo limpando e fregando e baixamos sempre a basura*. Eu firmaba porque acabásemos o curso así, non pido máis.

O outro propósito é facer máis vida en Coruña. Refírome a cousas como ir máis ó cine ou quedar para cear xuntos os dos diferentes pisos. Así que entre outras cousas, vaise intentar facer o día da cena coruñesa: a semana pasada foi improvisada e na casa de Uru e esta semana toca no noso piso e probablemente conte coa estrela invitada de Ismael Teira. Tamén axudará a facer máis vida a Escola de Idiomas e o ximnasio.

Nada máis dicir universidade, pásase pola cabeza a palabra xoves. Para todos os alleos o mundo estudiantil, explicarei que os xoves pola noite reúnense os estudiantes, as elites intelectuais de Galiza para conversar sobre as súas inquietudes e liberar as tensións acumuladas. A isto chámaselle botellón. Esta semana tocou en Santiago, como manda a tradición de apertura de curso. Se me puxese a falar desa noite aquí, isto alongaríase moito. Ademais, como cada un de nós ten un anaco de noite que quere olvidar (creo eu), non vou a entrar.**

Perdón por ser tan extenso desta vez, a próxima prometo ser máis breve. É o peor de todo é que falei moito pero non dixen nada.


* Perdón polo castelanismo.

**O que non fago é dicir que hai un anaco moito máis grande de noite que lembrar.