Festas de Noia 2009

Publicado un venres, 14 de Agosto de 2009. Categorías: Festas, Noia

Xa está dispoñible o programa completo das festas de Noia, San Bartolomeu 2009. Podédelo ver con todo detalle nesta páxina do Xornal Certo.

Cartel festas de Noia 2009

Resumo das principais actividades:

Venres 21:
22:30 Carlos Baute (7,50€/10€, caixagalicia.es e caseta de turismo)

Sábado 22:
23:30 Pablo Bicho (praza do cantón)

Domingo 23:
22:30 Paranojazz (praza do tapal)
00:00 A Roda (alameda)

Luns 24:
22:30 Voces de Noia: III Xuntanza de Cantantes Noieses (praza do tapal)

Martes 22:
22:00 París de Noia (alameda)
23:00 Música tradicional cubana: D’lahabana (praza do tapal)

Mércores 23:
22:30 Panorama (alameda)
22:30 Leilía (praza do tapal)
00:00 Fogos de artificio a cargo de Xaraiba
00:30 Noite de berros: monólogo de Toño, “el diablo sobre ruedas” (el Hormiguero) (praza do tapal)

Ademais, todos os días de sábado a mércores: 22:00 a Maxia de Aisman (coliseo Noela)

fiestas noya san bartolomé agosto barbanza parís de noya

Mar de Fondo 2009

Publicado un xoves, 25 de Xuño de 2009. Categorías: Festas, Noia

ACTUALIZADO a 02/08/2009

Este ano ten lugar a segunda edición do festival Mar de Fondo en Noia. Despois do gran comezo que tivo este festival, xa se coñecen todos os detalles para este 2009.

Cartaz Mar de Fondo 2009

Mar de Fondo 2009: “Shake and Vibrate edition!”
– Páxina oficial –

Entradas xa á venda en caixagalicia.es, na caseta de turismo da Alameda de Noia, en puntos habituais de Noia, na tenda da Reixa (Compostela) e na taquilla os días do concerto. O precio é de 10€ para os dous días (non haberá para un só día), tanto anticipada como en taquilla. Se se compra en caixagalicia.es cunha tarxeta Netclub só custa 7,50€.

A entrada tamén da dereito a acceder a un recinto de acampada gratuíta acondicionado con duchas.

Horario para os dous días:

  • 17:00 Apertura de portas para a Feira do disco + merchandising. Entrada libre (sen ticket) ata as 20:00
  • 20:30 Apertura de portas para os concertos
  • 21:00 Comezo dos concertos

O festival terá lugar o 14 e 15 de agosto no patio do Campo de San Alberto. O cartel xa está confirmado e queda así:

Venres 14 de agosto:

Baby Charles (UK)
Cooper (León)
The Phantom Keys (O Grobe)
Os Chavales (Compostela)
Ummagumma Rock And Roll Explosion (Noia)

Sábado 15 de agosto:

Sidonie (Barcelona)
Dustaphonics (UK)
Loveless Cousins (A Coruña)
Supersound (Noia)
StrabismO (Noia)

Unha das novidades deste ano e que haberá sitio para os grupos máis recoñecidos de Noia: Supersound, Ummagumma Rock’n'Roll Explosion e Strabismo.

Páxina do evento en Facebook

E para os que estean interesados no resto de datas de actividades no verán de noia (Feira Medieval, Festas de San Bartolomeu 2009, Programa “Noia Rúas Vivas”, Concentración Mototurística, Festa da Empanada, Concurso canino, Ciclo de Maxia…), podedes consultar toda a información nesta páxina do xornal certo.es. E aquí o programa da Feira Medieval.


Máis información sobre os grupos:


(Seguir lendo esta entrada)

Esh una fieshta

Publicado un martes, 16 de Setembro de 2008. Categorías: Vídeos, Festas

[Entrada dedicada a la fieshhta de este miércoles en casa de Carlos]

Más vídeos que ya forman parte de los clásicos. La materia prima: un anuncio bastante mediocrillo:


Sólo unas mentes calenturientas serían capaces de transformar esto en cosas tan perversas como las que enlazo a continuación: la versión interpretada por emos, la versión loquendo, la versión borracha o la versión bacalao. ¿Todavía no te ha llegado? Pues aún queda el último vídeo, pero antes tengo que advertirte. El último vídeo tiene referencias a 4chan. 4chan es lo peor de lo peor de internet, la infracultura pura, un refugio de degenerados mentales. El vídeo no entraña peligro, pero no entres en 4chan: ¡podrías acabar como Dani! He aquí el último vídeo que recopila clásicos de 4chan.


(Seguir lendo esta entrada)

Festas de Noia - San Bartolomeu 2008

Publicado un luns, 11 de Agosto de 2008. Categorías: Festas, Noia

Festas 2009

Recollemos aquí o programa das Festas de Noia 2008. As festas teñen lugar entre o venres 22 e o martes 26. O cartel das festas foi elaborado por Alfonso Costa, quen tamén será o pregoeiro, e representa a Noia coma unha galaxia:

Cartel San Bartolomeu 2008

Ver cartel a tamaño completo

Venres 22

  • Bombas de palenque
  • Dianas e alboradas a cargo da agrupación folclórica Airiños do Mar
  • Exposición de maquetas de barcos de Manuel González Videla e José Conde Tato no salón de plenos do Concello de Noia (10:00 - 14:00 e 17:00 – 21:00)
  • 11:00 – 14:00 Xogando ao Cluedo no claustro do Concello
  • 12:00 Exhibición de Taekwondo na alameda a cargo do Clube de Taekwondo Maniotas
  • 13:00 Pregón – Alfonso Costa
    A continuación, recital do grupo Ouriol no claustro do concello
  • 13:30 Concerto da Banda de Música Municipal de Noia (Alameda)
  • 17:00 Gran Premio San Bartolomeu de Ciclismo en San Lázaro organizado polo Clube Ciclista Alonso “Vila de Noia”
  • 18:00 Concurso de pesca para rapaces patrocinado por Naútica Andrade
  • 20:00 Concerto da Banda de Música de Lousame. (Tapal)
  • 20:00 Partido amigable C.F. Noia – R.C. Celta B de Vigo no estadio municipal de San Lázaro
  • 21:00 Concerto de música popular galega pola Coral Polifónica de Noia na igrexa Sta. María “A Nova”
  • 22:00 Verbena na alameda coas orquestras:
  • 23:30 Concerto de Jazz no Tapal de KIN GARCÍA TRÍO

Sábado 23

  • Bombas de palenque
  • Dianas e alboradas a cargo da agrupación folclórica Os Salgueiriños
  • Exposición de maquetas de barcos de Manuel González Videla e José Conde Tato no salón de plenos do Concello de Noia (10:00 - 14:00 e 17:00 – 21:00)
  • 11:30 - 14:00 Xincana en Segway
  • 12:00 Monicreques Tres Globos – Pedro e o Lobo (Alameda)
  • 13:30 Concerto da Banda de Música Municipal de Noia
  • 17:00 – 20:00 Xincana en Segway
  • 19:00 XII Carreira Pedestre Popular organizada polo Clube de Atletismo Noia
  • 22:00 Verbena na alameda coa orquestra:
    • OCÉANO
  • 22:30 Noite de Arte Urbano no Tapal:
  • 24:00 Concerto na Alameda de:

Domingo 24

  • Bombas de palenque
  • Dianas e alboradas a cargo da agrupación folclórica A Subela
  • Exposición de maquetas de barcos de Manuel González Videla e José Conde Tato no salón de plenos do Concello de Noia (10:00 - 14:00 e 17:00 – 21:00)
  • 11:30 - 14:00 Xincana en Segway
  • 17:00 No Campo da Feira, Vº Campionato San Bartolomeu de Chave.
  • 17:00 – 20:00 Xincana en Segway
  • 22:00 Verbena na alameda coas orquestras:
  • 22:30 Concerto no Tapal:
    • Pandereitas A SUBELA do Liceo de Noia
    • BATUKO TABANKA, percusión de Cabo Verde

Luns 25

  • Bombas de palenque
  • Dianas e alboradas a cargo da agrupación folclórica Banda de Música Municipal de Noia
  • Exposición de maquetas de barcos de Manuel González Videla e José Conde Tato no salón de plenos do Concello de Noia (10:00 - 14:00 e 17:00 – 21:00)
  • 12:00 Día da bicicleta - Xincana na Alameda
  • 13:30 Concerto da Banda de Música Municipal de Noia (Alameda)
  • 17:00 No Campo da Feira, Vº Campionato San Bartolomeu de Chave.
  • 18:00 Día da bicicleta - Paseo polas rúas da vila
  • 19:00 Monicreques Tanxarina - Os Narigudos (Praza do Cantón)
  • 20:30 Actuación na praza do Tapal da escola de salsa e ritmos latinos “El TomaSON
  • 21:00 Final do Trofeo de Verán de fútbol sala no pavillón municipal organizado polo C.F. Sala Noia Cotton/Severo
  • 22:00 Verbena na alameda coas orquestras:
    • TAMBO
    • MANILA
  • 22:30 Concerto no Tapal do grupo de mariachis mexicanos:
    • LOS CAPORALES

Martes 26

  • Bombas de palenque
  • Dianas e alboradas a cargo da agrupación folclórica Banda de Música Municipal de Noia
  • Exposición de maquetas de barcos de Manuel González Videla e José Conde Tato no salón de plenos do Concello de Noia (10:00 - 14:00 e 17:00 – 21:00)
  • 11:00 – 13:30 Inchables na Alameda
  • 13:30 Concerto da Banda de Música Municipal de Noia (Alameda)
  • 17:00 – 19:00 Inchables na Alameda
  • 17:00 No Campo da Feira, Vº Campionato San Bartolomeu de Chave.
  • 20:30 Misa en honor a San Roque cantada pola Coral Polifónica de Noia.
  • 21:30 Procesión de San Roque
  • 22:00 Sorteo dunha viaxe por parte da Asociación de Hostalería Noia en Marcha (Alameda)
  • 22:30 Verbena na alameda coa orquestra:
  • 22:30 Concerto no Tapal do grupo de indie pop:
  • 00:00: Gran espéctaculo de FOGOS DE ARTIFICIO no Peirao do Marqués a cargo de Xaraiva, a mesma empresa do ano pasado.
  • 01:00 NOITE DE MAXIA no Tapal co MAGO TETO

Podes descargar aquí o programa das festas en formato PDF (300KB)

fiestas noya san bartolomé 2008

Axenda para o verán

Publicado un mércores, 23 de Xullo de 2008. Categorías: Festas, Noia

Aquí recollemos algunhas das actividades culturais e de ocio para este verán en Noia. Por un lado está o programa Noia, rúas vivas e por outro as actividades para as fins de semana.

Aí vai un adianto do que vai dar de si o verán:

ACTUALIZADO a 26 de agosto

Noia, rúas vivas: todas as semanas, do 15 de xullo ó 21 de agosto, de martes a venres e domingo, actividades nas rúas do casco antigo.

  • Martes de cine: Proxección de curtametraxes ó aire libre, para celebrar o próximo 10º aniversario da Mostra de Curtas Vila de Noia. Proxectarase unha selección das mellores recibidas nesta década. Tamén o programa Noites de Cine. Todo na praza do Tapal ás 22:30 (no Coliseo en caso de chuvia).
    • 15 de xullo: Curtas. 10 anos da Mostra Vila de Noia
    • 22 de xullo: Pequeña Miss Sunshine
    • 29 de xullo: Eragon
    • 5 de agosto: Tierra, la película de nuestro planeta
    • 12 de agosto: Una noche en el museo
    • 19 de agosto: Curtas. 10 anos da Mostra Vila de Noia
  • Mércores lúdicos: Actividades infantís. Obradoiros de 11:30 a 14:00 horas. Todos os interesados/as teñen que inscribirse no primeiro andar do Concello de Noia, preguntar por Marisol:
    • 16 de xullo: A cor das vidrieiras
    • 23 de xullo: Recreando as laudas gremiais
    • 30 de xullo: Plasmar o noso hábitat
    • 6 de agosto: A nosa Alameda
    • 13 de agosto: O noso casco histórico
    • 20 de agosto: San Martín, a súa fachada

    Ademais:

    • 13 de agosto: Xogos tradicionais (Tapal 20:00)
    • 6 de agosto: Títeres Alacrán (Cantón 21:30)
  • Xoves escénicos: Teatro e monólogos na rúa.
    • 17 de xullo: David Amor (Praza do Cantón 22:30)
    • 24 de xullo: Oswaldo Digón (Praza do Cantón 22:30)
    • 31 de xullo: A vida tola - Pajarito (Pistacatro) (Praza do Tapal 22:30)
    • 7 de agosto: Xosé Touriñán (Praza do Cantón 22:30)
    • 14 de agosto: Candido Pazó (Praza do Cantón 22:30)
    • 21 de agosto: Manualidades PDF (Pistacatro) (Praza do Tapal 22:30)
  • Venres musicais: Concertos, especialmente de música intimista. Todo na Praza do Cantón ás 22:30.
    • 25 de xullo: Eiquinos Jazz Cuartet
    • 1 de agosto: Tino Baz (cantautor)
    • 8 de agosto: Paranoias (Pablo Sax & Andrés Castro)
    • 15 de agosto: Lorenzzio’s Jazz (Ramón Orencio, Héctor Lorenzo)
  • Domingos folk: Todo na Praza do Cantón ás 13:30.
    • 27 de xullo: Tátara Trío
    • 18 de agosto: Tátara Trío

Fins de semana en Noia

  • 5-6 xullo: Exhibición-concurso de cans de raza Rottweiler.
  • 5 xullo: Miñoca Rock (Tapal 23:00h) - Kertuler, Strabismo, Knuckleduster (+info)
  • 12-13 xullo: XI Feira Medieval. Este ano a Feira chegará ata o Paseo Marítimo. + info. Cartel da XI Feira Medieval.
  • 18-19 xullo: Festival pop-rock. Coa actuación de Iván Ferreiro, Deluxe, etc. Ver info aquí.
  • 17-20 xullo: IV Feira do libro na Alameda.
  • 8-9-10 agosto: Festa da empanada e Feira de Artesanía Artesanoia. Polas rúas do casco vello.

    O sábado 2 haberá talleres para facer masa de millo e de trigo. O domingo 3 será o concurso da empanada, con categoría profesional e amateur. Poderase degustar empanada os dous días. O precio da ración non poderá superar os 5 euros. Con cada consumición, viño de balde.

    Artesanoia comeza o venres e reunirá a 30 expositores, algúns deles adicados á alimentación. Haberá animación polas rúas e un espectáculo pirotécnico.

    +info e +info

  • 16-17 agosto: II Concentración Mototurística Ría de Noia.
  • 22-26 agosto: Festas San Bartolomeu 2008: tedes aquí toda a información e o programa.
  • 30-31 agosto: Concentración de Tuning + 2ª Feira do Comercio na Alameda + Carpa sobre a saúde.

feria medieval noya conciertos fiesta de la empanada fiestas noya julio agosto cortos

Festival Mar de Fondo

Publicado un sábado, 21 de Xuño de 2008. Categorías: Festas, Noia

Información sobre a edición do 2009

español Ver en castellano

Como adiantabamos fai uns días, este 18 e 19 de xullo terá lugar un festival musical en Noia (A Coruña). Trátase da primeira edición do festival Mar de Fondo. Combinará pop, rock, indie e electrónica.

Festival Mar de Fondo Noia 18 19 xullo

Páxina web oficial do festival

Mar de Fondo forma parte do circuíto Galicia Escoita

Venres 18:

Apertura de portas 20:30h

Sábado 19:

Apertura de portas 20:30h

Entradas á venda en puntos habituais de Noia, oficinas de Caixa Galicia e caixagalicia.es a partir do 23 de xuño:

Entrada 1 día 15€ (20€ en taquilla)

Bono 2 días 28€ (40€ en taquilla)

Cartel Festival Mar de Fondo Noia 18 19 xullo


(Seguir lendo esta entrada)

Axenda para o verán

Publicado un venres, 6 de Xuño de 2008. Categorías: Festas, Noia

Movido: a información está aquí.

Programa de San Marcos 2008 - Noia

Publicado un sábado, 12 de Abril de 2008. Categorías: Festas, Noia

Fiestas Noya

Venres 25 de abril

10:00h - Dianas e Alboradas a cargo da Banda de Música Municipal de Noia
10:00h - Feira Cabalar e Exposición de Maquinaria en San Lázaro
13:00h - Concerto na Alameda da Banda de Música Municipal de Noia
19:00h - Concerto na Praza do Tapal da Banda de Música Municipal de Noia
21:00h - Concerto no patio do IES Campo de San Alberte

Foto concerto
Entrada: 10€ en CaixaGalicia (web, oficinas e 902 43 44 43) e en locais de Noia en Marcha. 15€ en taquilla.

22:00h - Actuación na Aladema das orquestras

  • París de Noia
  • Sintonía de Vigo

Sábado 26 de abril

10:00h - Dianas e Alboradas a cargo da agrupación Salgueiriños.
8:30h a 19:00h - Concurso de Pintura ao aire libre Juan José Fernández Leiceaga, Sesé
11:00h a 14:00h e 17:00h a 20:00h - Inchables infantís na Alameda
12:00h a 14:00h - Obradoiros infantís no parque infantil de Labarta
17:00h - Xogos tradicionais no parque infantil de Labarta
16:30h - XXVIII Gran Premio de Ciclismo San Marcos
17:00h - Visita da Selección Española Junior Masculina de Voleibol á Casa da Cultura
19:00h - Partido amigable entre a Selección Española e CV Noia, no pavillón Alonso Rodríguez
21:00h - Concerto na Praza do Tapal do grupo Contrastes
22:00h - Actuación na Alameda das orquestras

  • Philadelfia
  • Gran Parada

Domingo 27 de abril

10:00h - Dianas e Alboradas a cargo da agrupación Airiños do Mar.
9:30h - Saída da 1ª Ruta da Empanada BTT (bicicleta todo terreo)
10:00h - Concurso cabalar en San Lázaro
10:00/12:00/18:00h - Fase Final da Copa Galicia de Voleibol no pavillón Alonso Rodríguez
21:00h - Espectáculo de monólogos no Coliseo Noela:

Entrada 3€

Publicado un xoves, 10 de Abril de 2008. Categorías: Universitario, Festas

publicidade

FESTA DE ENXEÑARÍA QUÍMICA - 10 de abril
Escola Técnica Superior de Enxeñaría (Campus Sur)

Tres áreas de música, zonas cubertas, cervexa, calimocho, copas, chupitos, bocadillos… Todo aos mellores prezos ¿E aínda pensas faltar? ¿Que máis queres? Música en directo: Stratosfear, Such as mice, The Tappiporla Experience, Harmónicos Esféricos, The Conas, Axioma, She´s alone… O este xoves a festa tela no Campus Sur. Non dubidedes en vir á celebración de Leonardo 08. A mellor festa do curso facémola os enxeñeiros químicos. Nos esperes a que cho conten, contamos contigo. Non faltes!

san leo

San Pepe 2008

Publicado un domingo, 2 de Marzo de 2008. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

Ultimamente esta páxina esta rexistrando visitantes buscando información sobre San Pepe 2008, no campus de Elviña (A Coruña), así que vou tentar reunir aquí a información que me sexa posible. Este ano estou máis relacionado coa organización porque estou no Paso de Ecuador e, polo tanto, Delegación de Estudiantes (os organizadores) déixannos colaborar en varios asuntos.

Entrada en constante actualización



San Pepe 08 - Campus de Elviña (A Coruña)

Xoves, 13 de marzo - día e noite - Facultade de Informática

Horarios de actividades

Actuacións escenario principal (noite):

  • O Leo i Arremecághona (21:00) Cantautor punk
  • O Sonoro Maxín (22:30) Ex-compoñentes de Lamatumbá
  • Banda Potemkin (00:30)

Concertos Escenario San Pepiño (planta 1): de 15:30 a 20:30 (PunkZ, Nostatic…)

Buses de volta ó centro



Cartel San Pepe 08


Cómo chegar

Información básica. Máis información sobre os buses urbanos en Compañía de Tranvías (páxina da liña) e BusUrbano.tk. Usa a liña E - Universidade, parada “Campus de Elviña, glorieta”.

Enlaces: