Tsunami (bipartidista)

Publicado un martes, 11 de Marzo de 2008. Categorías: Vídeos, Coruña

Onte, Paseo Marítimo da Coruña:


Para San Pepe prometemos mellor tempo

San Pepe 2008

Publicado un domingo, 2 de Marzo de 2008. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

Ultimamente esta páxina esta rexistrando visitantes buscando información sobre San Pepe 2008, no campus de Elviña (A Coruña), así que vou tentar reunir aquí a información que me sexa posible. Este ano estou máis relacionado coa organización porque estou no Paso de Ecuador e, polo tanto, Delegación de Estudiantes (os organizadores) déixannos colaborar en varios asuntos.

Entrada en constante actualización



San Pepe 08 - Campus de Elviña (A Coruña)

Xoves, 13 de marzo - día e noite - Facultade de Informática

Horarios de actividades

Actuacións escenario principal (noite):

  • O Leo i Arremecághona (21:00) Cantautor punk
  • O Sonoro Maxín (22:30) Ex-compoñentes de Lamatumbá
  • Banda Potemkin (00:30)

Concertos Escenario San Pepiño (planta 1): de 15:30 a 20:30 (PunkZ, Nostatic…)

Buses de volta ó centro



Cartel San Pepe 08


Cómo chegar

Información básica. Máis información sobre os buses urbanos en Compañía de Tranvías (páxina da liña) e BusUrbano.tk. Usa a liña E - Universidade, parada “Campus de Elviña, glorieta”.

Enlaces:

MacroFiesta Universitaria Navidad 07

Publicado un domingo, 16 de Nadal de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

Este jueves 20, macrofiesta universitaria con Informática, Derecho, Caminos, Enfermería, Derecho-ADE y Cesuga. Barra libre en Pirámide, por 10€, de 12 a 3. Entradas a la venta en la mesa de Paso de Ecuador de Informática (junto a la biblioteca) de 10:30 a 14:30 y de 15:30 a 19:30.


Macrofiesta Pirámide

(clic para ver en grande)

Rober Bodegas e o especial Universidade

Publicado un venres, 14 de Nadal de 2007. Categorías: Universitario, Vídeos, Coruña

Rober Bodegas, que estivo monologueando en Noia, conta as peculiaridades da UDC e da liña do bus urbano “universitario E” (que diría Teira), desde a súa experiencia como estudiante de arquitectura técnica. O fenómeno este está de finalista en gañou El Rey de la Comedia, un Operación Triunfo de humoristas en TVE.


Tamén fala do comerdor universitario:


Festa: xoves, 8 de novembro

Publicado un martes, 6 de Novembro de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña
Festa Paso Ecuador no Pub Cotobelos

Festa de Paso de Ecuador
Entrada libre. 2ª consumición por 1€.
No pub Cotobelos (no Orzán, xunto Canal Oh! e Eleven).

San Xoán 07

Publicado un venres, 22 de Xuño de 2007. Categorías: Festas, Coruña
Hogueras07

Todo el mundo lo está comentando, todo el mundo lo está diciendo, todo el mundo lo está esperando, todo el mundo lo está deseando, todo el mundo lo está flipando. No se habla de otra cosa. [1] [2] [3] San Xoán en Coruña.

Teira estaría contentísimo. 24 horas para el gran evento y todo sin planificar!!

Fotografía

Publicado un xoves, 21 de Xuño de 2007. Categorías: Coruña

Conversación oída nunha praza da Coruña. Por un lado, unha muller duns 30 e pico, na porta dun bar. Doutro lado, un matrimonio de 50 e ou 60 e pico (posiblemente os pais da muller anterior), acercándose a ela para saudala, interrompendo así o seu paseo.

Muller: ¡Murió el Fary! (con tono de anécdota, case de risa)

Home do matrimonio: Tamén has de morrer ti (con tono de a-ver-que-dis-ti-do-Fary)

Non quero meter envidia…

Publicado un xoves, 7 de Xuño de 2007. Categorías: Coruña

…pero onte fun á praia. Bueno, pasei ó lado da praia. Tiña que ir á escola de idiomas e despois fun andando ata a Praza de Pontevedra polo paseo marítimo. ¡Que olor a mar! ¡Que sol! ¡Que ganas de praia!

praia riazor

"No! Joder!"

Publicado un sábado, 24 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

¡Que bueno! Un vídeo del pavo que en el concurso de Street Fighter del San Pepe 2007 en la fic estaba gritando No! Joder! todo morado. Todo un personagem!


Para os que veñan a San Pepe

Publicado un mércores, 21 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

Estaría ben que os que viñerades a San Pepe intentarades vir xuntos (que non veña un no tren que chega ás 3.50 e outro no que chega ás 4.10), por se temos que baixar do campus para deixar as cousas no piso. Os horarios están aquí. Podedes usar o blog para quedar.

E os que vos consideredes autosuficientes para chegar o campus e non teñades nada que deixar no piso, podedes mirar aquí rutas e horarios dos buses urbanos. Teríades que coller o E: Universidade (Plaza Pontevedra -> Elviña -> Zapateira) na parada “Alfonso Molina, Plaza de Madrid” e baixar en “Campus de Elviña, glorieta”). Moitos buses teñen pantallas que van avisando das paradas, así que non ten moita perda; pero de todas formas se hai que ir a buscarvos non hai ningún problema (polo menos pola miña parte).