MegaConcurso

Publicado un domingo, 13 de Abril de 2008. Categorías: Concurso

Facía que non había un concurso por aquí. Pois aquí vai un especial. O premio non vai ser en puntos, senón outra cousa sorpresa. Ademais non vai haber un gañador, senón seis. Ademais hai unha pregunta reserva. O que responda esta pregunta (pódese contestar desde xa) só conseguirá o premio se algún gañador renuncia a el.

Só se pode acertar unha pregunta por persoa

Concurso rematado

Sobre Sombra de un jinete:

1. ¿Como se fai chamar o protagonista (nome completo, 2 palabras)?
Sez Snáider (Contestada por Jabo)

2. ¿Como se chama o cabalo do protagonista?
Furia del Bosque (Contestada por Lucía)

Hai dous personaxes que se perderon por este blog adiante, búscaos e dinos quen son e onde están:

3. Personaxe 1
Sen atopar

4. Personaxe 2
Sen atopar

Sobre este vídeoclip de Siniestro Total:

5. ¿Que é o archimencionado bullarengue?
Nalgas da muller (Respondido por Berta)

6. ¿Onde está gravado este vídeoclip?
No bar Kwai, en Madrid (Respondido por Patxi)

Pregunta reserva: ¿Quen son os señores (posiblemente matrimonio) que saen á dereita da barra?
Os donos do bar: Constante e a súa muller (Respondido por Lenita)

+info sobre o vídeo: Zero Vacas

Barça - Depor

Publicado un mércores, 28 de Marzo de 2007. Categorías: Concurso

Este sábado ás 10 xógase o Barça - Depor. Por proposta de Lu (proposta que será remunerada cun punto) vou poñer un concursiño.

Hai dúas modalidades de xogo. Cada persoa só pode participar nunha das dúas.

  • Adiviñar goleadores: Pódense dar tres xogadores de calquera dos dous equipos. Por cada xogador desa lista que marque gol no partido e por cada gol, dáse un punto. Pódense repetir xogadores que dixeran outros participantes ou incluso dos teus propios (é dicir, podes poñer dúas veces a Valdés dúas veces e outra vez a Ronaldinho).
    Exemplo: apóstase por Valdés, Valdés e Ronaldinho; o resultado foi tres goles de Valdés e dous de Riki; o participante leva 2x3 + 0 = 6 puntos!!
  • Adiviñar resultado: Para os que non se atrevan coa modalidade anterior esta é máis sinxela. Basta con poñer un só resultado (2-1, por exemplo) e, se acerta, lévase tres puntos. Non se poden repetir resultados que xa deran outros participantes.

O comentario número 20

Publicado un domingo, 4 de Febreiro de 2007. Categorías: Concurso

É así de simple: o que poña o comentario número 20 nesta entrada levará 3 puntos para a clasificación. Só hai estas normas mínimas, para que o xogo teña sentido:

  • Se pos un comentario, para poñer o seguinte tes que esperar a que pasen 4 horas ou a que calquera outra persoa poña un comentario.
  • Para efectos da norma anterior, considéranse a “mesma persoa”, dúas os máis persoas dende un mesmo ordenador/habitación/aula.
  • Non se pode producir unha estricta alternancia entre dous participantes (o límite está en 2 alternancias). Excepción: se pasan 4 horas polo medio. Ex.: Situacións legais: ABCBCABC; ABCABCABC; ABAB(4 horas desde o último B)AB. Situción non legal: ABABA.
  • Eu podo poñer comentarios, que contan para os 20. Eu podo poñer o comentario 20, o resultado sería que ninguen gaña.

Espero que con estas normas funcione e sexa divertido. E coidado con facer trampas.

Noite de Reis

Publicado un sábado, 6 de Xaneiro de 2007. Categorías: Concurso

A noite de reis é máxica… Tan máxica que os reis magos deixaron un regalo para vós, os lectores incondicionais deste blog: un punto para a clasificación.

Pero só se pode solicitar durante esta noite. A hora máxima para solicitalo mediante un comentario son ás 11 horas da mañá. Sei que pode ser inxusto, pero os reis mandáronme facer así, e ademais a noite de reis é a noite de reis.

Solicita o teu punto cun comentario. Coidado con facer trampas. Fin do concurso: gañan puntos Patxi e Denís.

Qu’est-ce que c’est?

Publicado un domingo, 10 de Nadal de 2006. Categorías: Concurso

queSera

Por 2 puntos, bah.., fácil

Solucionado:

Son chilenos celebrando la muerte de Pinochet (o mejor, celebrando los cambios que traerá (?)). Es una foto de la agencia Reuters, que apareció tanto en El País, como en La Voz.

Por cierto que Pinochet murió el día internacional de los Derechos Humanos

Porra: Depor-Celta

Publicado un mércores, 15 de Novembro de 2006. Categorías: Concurso

Xa que non imos ó partido, vou organizar polo menos unha porra. Poñede os vosos resultados para o Depor-Celta como comentarios (ex.: Depor 0 - 0 Celta). Hai 3 puntos en xogo.

Normas:

  • Só se pode poñer un resultado por participante. Non se pode cambiar de idea unha vez posto un resultado.
  • A participación non ten ningún custe.
  • Non se poden repetir resultados. O gañador será o primeiro que poña o resultado verdadeiro.
  • O prazo para poñer resultados remata o domingo 19 ás 20.00 horas. O partido retransmítese por Canal+ ás 21.00 horas.
  • O premio pode quedar deserto.
  • En caso de conflicto, este será resolto unilateralmente pola organización de “Diario dun piso de estudiantes”.

Resultados recibidos:

  • Jabo: Dépor 2 - 1 Celta
  • Lu: Dépor 3 - 1 Celta
  • Ali: Dépor 0 - 1 Celta < —— Gañadora
  • Yolanda: Dépor 1 - 2 Celta
  • Óscar: Dépor 1 - 1 Celta
  • Teira: Dépor 0 - 0 Celta
  • Celia: Dépor 1 - 0 Celta
  • Silvia: Dépor 3 - 2 Celta
  • Uru: Dépor 2 - 2 Celta
  • Mikel: Dépor 1 - 3 Celta

Concurso: ¿que é?

Publicado un domingo, 29 de Outubro de 2006. Categorías: Concurso

Pois aquí temos o último (que non derradeiro) concurso. Consiste en que me digades de que é a imaxe de abaixo. O primeiro en adiviñalo gañará 4 puntos (igual é moi fácil pero hoxe estou xeneroso) e que non teña que dar pistas!.

Resultado da votación

Publicado un sábado, 7 de Outubro de 2006. Categorías: Concurso

Tras o escrutinio da votación para a mellor foto do camping, proclámase gañadora resultadosa foto D: “despertar”, co 43% dos votos válidos. Polo tanto, súmanselle 2 puntos a Denís na clasificación.

  • Foto A: 1 voto/s
  • Foto B: 1 voto/s
  • Foto C: 1 voto/s
  • Foto D: 3 voto/s
  • Branco: 1 voto/s
  • Nulos: 1 voto/s
  • Incidencias:
  • -> 1 voto nulo por proceder dunha persoa que xa votara.

Votación para a foto do camping

Publicado un mércores, 27 de Setembro de 2006. Categorías: Amigos, Concurso

Para seudo-democratizar algo este blog, vou deixar nas vosas mans a quen se lle dan os 2 puntos pola mellor foto do camping de Paxariñas. Para iso seleccionei estas 4 finalistas:

Foto A: “con bolsas” | Foto B: “contraluz” | Foto C: “patatas” | Foto D: “despertar”
Image

Agora tes que elixir unha e votar por ela. Entrar na páxina de votacións. O prazo para votar remata o 6 de outubro, venres, ás 22:30 (CEST).

Camping

Publicado un xoves, 21 de Setembro de 2006. Categorías: Amigos, Concurso, Festas

Y decidimos ir un día antes para que no nos cogiese la lluvia. Lo organizamos precipitadamente y acabo con precipitaciones.

Protección civil nos puso en alerta y un complot de padres fue el detonante. Al final, Gordon pasó sin tanta fuerza; pero nos aguó la fiesta. Sólo fueron 24 horas, pero aún así mereció la pena. Hubo playa, quish quiche, paseo por Portonovo, la contraseña 4152, un chupacabras, olas con fósforo, fanecas, mocho, agua fría y caliente, música, apuros…

Y fotos… pero yo no tengo ninguna. Envíame alguna y la mejor llevará 2 puntos. La dirección es

email