Mar de Fondo 2009

Publicado un xoves, 25 de Xuño de 2009. Categorías: Festas, Noia

ACTUALIZADO a 02/08/2009

Este ano ten lugar a segunda edición do festival Mar de Fondo en Noia. Despois do gran comezo que tivo este festival, xa se coñecen todos os detalles para este 2009.

Cartaz Mar de Fondo 2009

Mar de Fondo 2009: “Shake and Vibrate edition!”
– Páxina oficial –

Entradas xa á venda en caixagalicia.es, na caseta de turismo da Alameda de Noia, en puntos habituais de Noia, na tenda da Reixa (Compostela) e na taquilla os días do concerto. O precio é de 10€ para os dous días (non haberá para un só día), tanto anticipada como en taquilla. Se se compra en caixagalicia.es cunha tarxeta Netclub só custa 7,50€.

A entrada tamén da dereito a acceder a un recinto de acampada gratuíta acondicionado con duchas.

Horario para os dous días:

  • 17:00 Apertura de portas para a Feira do disco + merchandising. Entrada libre (sen ticket) ata as 20:00
  • 20:30 Apertura de portas para os concertos
  • 21:00 Comezo dos concertos

O festival terá lugar o 14 e 15 de agosto no patio do Campo de San Alberto. O cartel xa está confirmado e queda así:

Venres 14 de agosto:

Baby Charles (UK)
Cooper (León)
The Phantom Keys (O Grobe)
Os Chavales (Compostela)
Ummagumma Rock And Roll Explosion (Noia)

Sábado 15 de agosto:

Sidonie (Barcelona)
Dustaphonics (UK)
Loveless Cousins (A Coruña)
Supersound (Noia)
StrabismO (Noia)

Unha das novidades deste ano e que haberá sitio para os grupos máis recoñecidos de Noia: Supersound, Ummagumma Rock’n'Roll Explosion e Strabismo.

Páxina do evento en Facebook

E para os que estean interesados no resto de datas de actividades no verán de noia (Feira Medieval, Festas de San Bartolomeu 2009, Programa “Noia Rúas Vivas”, Concentración Mototurística, Festa da Empanada, Concurso canino, Ciclo de Maxia…), podedes consultar toda a información nesta páxina do xornal certo.es. E aquí o programa da Feira Medieval.


Máis información sobre os grupos:


(Seguir lendo esta entrada)

Post Rock am Ring 2009

Publicado un martes, 9 de Xuño de 2009. Categorías: Vídeos, Erasmus

Scouting for Girls, Juliette Lewis, Selig, Razorlight, Placebo, The Killers, Marilyn Manson, Polarkreis 18, Machine Head, The Prodigy, Bloc Party, Jan Delay & Disco No.1, Mando Diao, Peter Bjorn & John, The Kooks y Peter Fox.

No me dio tiempo a ver más grupos por la lluvia, la contraprogramación entre escenarios y lo difícil que era a veces navegar entre las 100.000 personas que estábamos allí.