Eleccións galegas 2009 para Erasmus
Nas eleccións ó Parlamento galego do 1 de marzo de 2009, como ocorre dende fai ben pouco, os estudiantes Erasmus poderemos votar dende onde esteamos estudiando. Para iso só fai falla seguir os pasos que se recollen na web da xunta:
A solicitude debe formularse persoalmente nas oficinas consulares de carreira ou seccións consulares das embaixadas coma moi tarde, 25 días despois da convocatoria das eleccións (neste caso os trámites terán que realizarse entre o 6 de xaneiro e o 31 de xaneiro de 2009).
Para iso, será requisito previo estar inscrito no rexistro de matrícula consular como non residente (ambas - solicitude e inscrición - poden realizarse no mesmo acto). O impreso de solicitude pode recollerse nos consulados e seccións consulares de embaixadas, así como descargarse da web do Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación (www.maec.es).
Unha vez cuberta a solicitude, débese entregar persoalmente na oficina consular de carreira ou sección consular de embaixada, onde o/a elector/a será idetificado/a mediante a exhibición do seu documento nacional de identidade ou pasaporte español. O/A funcionario/a consular verificará a inscripción do/a elector/a no rexistro de matricula consular como non residente e a coincidencia da sinatura.A oficina do censo electoral realizará a correspondente anotación no censo, indicando que o/a elector/a votará por este procedemento e que non poderá votar persoalmente na mesa electoral o día da votación (para os de evitar a duplicidade do voto). Así mesmo, a oficina do censo electoral remitiralle a documentación por correo certificado e urxente ao/á elector/a ao domicilio indicado, non máis tarde do 17 de febreiro de 2009.
En resumo, ir ó consulado ou embaixada máis próxima antes do 31 de xaneiro. A lista de consulados e embaixadas pódese consultar aquí (seleccionando o país na lista despregable da dereita). O consulado de Stuttgart está en Lenzhalde, 61.
Los estudiantes Erasmus de Euskadi también podrán votar en las elecciones al Parlamento vasco, claro.
