Axenda para o verán

Publicado un mércores, 23 de Xullo de 2008. Categorías: Festas, Noia

Aquí recollemos algunhas das actividades culturais e de ocio para este verán en Noia. Por un lado está o programa Noia, rúas vivas e por outro as actividades para as fins de semana.

Aí vai un adianto do que vai dar de si o verán:

ACTUALIZADO a 26 de agosto

Noia, rúas vivas: todas as semanas, do 15 de xullo ó 21 de agosto, de martes a venres e domingo, actividades nas rúas do casco antigo.

  • Martes de cine: Proxección de curtametraxes ó aire libre, para celebrar o próximo 10º aniversario da Mostra de Curtas Vila de Noia. Proxectarase unha selección das mellores recibidas nesta década. Tamén o programa Noites de Cine. Todo na praza do Tapal ás 22:30 (no Coliseo en caso de chuvia).
    • 15 de xullo: Curtas. 10 anos da Mostra Vila de Noia
    • 22 de xullo: Pequeña Miss Sunshine
    • 29 de xullo: Eragon
    • 5 de agosto: Tierra, la película de nuestro planeta
    • 12 de agosto: Una noche en el museo
    • 19 de agosto: Curtas. 10 anos da Mostra Vila de Noia
  • Mércores lúdicos: Actividades infantís. Obradoiros de 11:30 a 14:00 horas. Todos os interesados/as teñen que inscribirse no primeiro andar do Concello de Noia, preguntar por Marisol:
    • 16 de xullo: A cor das vidrieiras
    • 23 de xullo: Recreando as laudas gremiais
    • 30 de xullo: Plasmar o noso hábitat
    • 6 de agosto: A nosa Alameda
    • 13 de agosto: O noso casco histórico
    • 20 de agosto: San Martín, a súa fachada

    Ademais:

    • 13 de agosto: Xogos tradicionais (Tapal 20:00)
    • 6 de agosto: Títeres Alacrán (Cantón 21:30)
  • Xoves escénicos: Teatro e monólogos na rúa.
    • 17 de xullo: David Amor (Praza do Cantón 22:30)
    • 24 de xullo: Oswaldo Digón (Praza do Cantón 22:30)
    • 31 de xullo: A vida tola - Pajarito (Pistacatro) (Praza do Tapal 22:30)
    • 7 de agosto: Xosé Touriñán (Praza do Cantón 22:30)
    • 14 de agosto: Candido Pazó (Praza do Cantón 22:30)
    • 21 de agosto: Manualidades PDF (Pistacatro) (Praza do Tapal 22:30)
  • Venres musicais: Concertos, especialmente de música intimista. Todo na Praza do Cantón ás 22:30.
    • 25 de xullo: Eiquinos Jazz Cuartet
    • 1 de agosto: Tino Baz (cantautor)
    • 8 de agosto: Paranoias (Pablo Sax & Andrés Castro)
    • 15 de agosto: Lorenzzio’s Jazz (Ramón Orencio, Héctor Lorenzo)
  • Domingos folk: Todo na Praza do Cantón ás 13:30.
    • 27 de xullo: Tátara Trío
    • 18 de agosto: Tátara Trío

Fins de semana en Noia

  • 5-6 xullo: Exhibición-concurso de cans de raza Rottweiler.
  • 5 xullo: Miñoca Rock (Tapal 23:00h) - Kertuler, Strabismo, Knuckleduster (+info)
  • 12-13 xullo: XI Feira Medieval. Este ano a Feira chegará ata o Paseo Marítimo. + info. Cartel da XI Feira Medieval.
  • 18-19 xullo: Festival pop-rock. Coa actuación de Iván Ferreiro, Deluxe, etc. Ver info aquí.
  • 17-20 xullo: IV Feira do libro na Alameda.
  • 8-9-10 agosto: Festa da empanada e Feira de Artesanía Artesanoia. Polas rúas do casco vello.

    O sábado 2 haberá talleres para facer masa de millo e de trigo. O domingo 3 será o concurso da empanada, con categoría profesional e amateur. Poderase degustar empanada os dous días. O precio da ración non poderá superar os 5 euros. Con cada consumición, viño de balde.

    Artesanoia comeza o venres e reunirá a 30 expositores, algúns deles adicados á alimentación. Haberá animación polas rúas e un espectáculo pirotécnico.

    +info e +info

  • 16-17 agosto: II Concentración Mototurística Ría de Noia.
  • 22-26 agosto: Festas San Bartolomeu 2008: tedes aquí toda a información e o programa.
  • 30-31 agosto: Concentración de Tuning + 2ª Feira do Comercio na Alameda + Carpa sobre a saúde.

feria medieval noya conciertos fiesta de la empanada fiestas noya julio agosto cortos

3 comentarios »

Dirección para facer TrackBack do URI

  1. Comment by Denís!, July 25, 2008 @ 20:39

    Jejeje, Davee!!! mira en CTK (www.cambados.tk) y verás que pasó con Tino Baz en Cambados!! Jajaja, además puteamos un montón a Óscar con Tino Baz porque tuvo la página varios meses sin actualizar y la última noticia que aparecía en portada era la que quiero que veas, pero salía con la cara de Víctor Caamaño, nuestro candidato del BNG a la alcaldía… En fin, es que como veo que va a estar en Noia, jeje, me hizo un montón de gracia. Un abrazo!

  2. Comment by David, July 30, 2008 @ 0:35

    ?? q pinta esa foto de victor caamaño ahi?? jeje

  3. Comment by Denís!, July 31, 2008 @ 19:00

    jaja, es lo que nadie (en Cambados) entiende… jaja, publicidad (IN)subliminal…xDD.

RSS feed de comentarios desta entrada.

Deixa un comentario

Todos os campos son opcionais. Podes usar estas etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


antispam
Protección contra spam: escribe o texto de arriba na caixa. Gracias.