Axenda para o verán
Aquí recollemos algunhas das actividades culturais e de ocio para este verán en Noia. Por un lado está o programa Noia, rúas vivas e por outro as actividades para as fins de semana.
Aí vai un adianto do que vai dar de si o verán:
ACTUALIZADO a 26 de agosto
Noia, rúas vivas: todas as semanas, do 15 de xullo ó 21 de agosto, de martes a venres e domingo, actividades nas rúas do casco antigo.
- Martes de cine: Proxección de curtametraxes ó aire libre, para celebrar o próximo 10º aniversario da Mostra de Curtas Vila de Noia. Proxectarase unha selección das mellores recibidas nesta década. Tamén o programa Noites de Cine. Todo na praza do Tapal ás 22:30 (no Coliseo en caso de chuvia).
- 15 de xullo: Curtas. 10 anos da Mostra Vila de Noia
- 22 de xullo: Pequeña Miss Sunshine
- 29 de xullo: Eragon
- 5 de agosto: Tierra, la película de nuestro planeta
- 12 de agosto: Una noche en el museo
- 19 de agosto: Curtas. 10 anos da Mostra Vila de Noia
- Mércores lúdicos: Actividades infantís. Obradoiros de 11:30 a 14:00 horas. Todos os interesados/as teñen que inscribirse no primeiro andar do Concello de Noia, preguntar por Marisol:
- 16 de xullo: A cor das vidrieiras
- 23 de xullo: Recreando as laudas gremiais
- 30 de xullo: Plasmar o noso hábitat
- 6 de agosto: A nosa Alameda
- 13 de agosto: O noso casco histórico
- 20 de agosto: San Martín, a súa fachada
Ademais:
- 13 de agosto: Xogos tradicionais (Tapal 20:00)
- 6 de agosto: Títeres Alacrán (Cantón 21:30)
- Xoves escénicos: Teatro e monólogos na rúa.
- 17 de xullo: David Amor (Praza do Cantón 22:30)
- 24 de xullo: Oswaldo Digón (Praza do Cantón 22:30)
- 31 de xullo: A vida tola - Pajarito (Pistacatro) (Praza do Tapal 22:30)
- 7 de agosto: Xosé Touriñán (Praza do Cantón 22:30)
- 14 de agosto: Candido Pazó (Praza do Cantón 22:30)
- 21 de agosto: Manualidades PDF (Pistacatro) (Praza do Tapal 22:30)
- Venres musicais: Concertos, especialmente de música intimista. Todo na Praza do Cantón ás 22:30.
- 25 de xullo: Eiquinos Jazz Cuartet
- 1 de agosto: Tino Baz (cantautor)
- 8 de agosto: Paranoias (Pablo Sax & Andrés Castro)
- 15 de agosto: Lorenzzio’s Jazz (Ramón Orencio, Héctor Lorenzo)
- Domingos folk: Todo na Praza do Cantón ás 13:30.
- 27 de xullo: Tátara Trío
- 18 de agosto: Tátara Trío
Fins de semana en Noia
- 5-6 xullo: Exhibición-concurso de cans de raza Rottweiler.
- 5 xullo: Miñoca Rock (Tapal 23:00h) - Kertuler, Strabismo, Knuckleduster (+info)
- 12-13 xullo: XI Feira Medieval. Este ano a Feira chegará ata o Paseo Marítimo. + info. Cartel da XI Feira Medieval.
- 18-19 xullo: Festival pop-rock. Coa actuación de Iván Ferreiro, Deluxe, etc. Ver info aquí.
- 17-20 xullo: IV Feira do libro na Alameda.
- 8-9-10 agosto: Festa da empanada e Feira de Artesanía Artesanoia. Polas rúas do casco vello.
O sábado 2 haberá talleres para facer masa de millo e de trigo. O domingo 3 será o concurso da empanada, con categoría profesional e amateur. Poderase degustar empanada os dous días. O precio da ración non poderá superar os 5 euros. Con cada consumición, viño de balde.
Artesanoia comeza o venres e reunirá a 30 expositores, algúns deles adicados á alimentación. Haberá animación polas rúas e un espectáculo pirotécnico.
- 16-17 agosto: II Concentración Mototurística Ría de Noia.
- 22-26 agosto: Festas San Bartolomeu 2008: tedes aquí toda a información e o programa.
- 30-31 agosto: Concentración de Tuning + 2ª Feira do Comercio na Alameda + Carpa sobre a saúde.
