MegaConcurso

Publicado un domingo, 13 de Abril de 2008. Categorías: Concurso

Facía que non había un concurso por aquí. Pois aquí vai un especial. O premio non vai ser en puntos, senón outra cousa sorpresa. Ademais non vai haber un gañador, senón seis. Ademais hai unha pregunta reserva. O que responda esta pregunta (pódese contestar desde xa) só conseguirá o premio se algún gañador renuncia a el.

Só se pode acertar unha pregunta por persoa

Concurso rematado

Sobre Sombra de un jinete:

1. ¿Como se fai chamar o protagonista (nome completo, 2 palabras)?
Sez Snáider (Contestada por Jabo)

2. ¿Como se chama o cabalo do protagonista?
Furia del Bosque (Contestada por Lucía)

Hai dous personaxes que se perderon por este blog adiante, búscaos e dinos quen son e onde están:

3. Personaxe 1
Sen atopar

4. Personaxe 2
Sen atopar

Sobre este vídeoclip de Siniestro Total:

5. ¿Que é o archimencionado bullarengue?
Nalgas da muller (Respondido por Berta)

6. ¿Onde está gravado este vídeoclip?
No bar Kwai, en Madrid (Respondido por Patxi)

Pregunta reserva: ¿Quen son os señores (posiblemente matrimonio) que saen á dereita da barra?
Os donos do bar: Constante e a súa muller (Respondido por Lenita)

+info sobre o vídeo: Zero Vacas

Programa de San Marcos 2008 - Noia

Publicado un sábado, 12 de Abril de 2008. Categorías: Festas, Noia

Fiestas Noya

Venres 25 de abril

10:00h - Dianas e Alboradas a cargo da Banda de Música Municipal de Noia
10:00h - Feira Cabalar e Exposición de Maquinaria en San Lázaro
13:00h - Concerto na Alameda da Banda de Música Municipal de Noia
19:00h - Concerto na Praza do Tapal da Banda de Música Municipal de Noia
21:00h - Concerto no patio do IES Campo de San Alberte

Foto concerto
Entrada: 10€ en CaixaGalicia (web, oficinas e 902 43 44 43) e en locais de Noia en Marcha. 15€ en taquilla.

22:00h - Actuación na Aladema das orquestras

  • París de Noia
  • Sintonía de Vigo

Sábado 26 de abril

10:00h - Dianas e Alboradas a cargo da agrupación Salgueiriños.
8:30h a 19:00h - Concurso de Pintura ao aire libre Juan José Fernández Leiceaga, Sesé
11:00h a 14:00h e 17:00h a 20:00h - Inchables infantís na Alameda
12:00h a 14:00h - Obradoiros infantís no parque infantil de Labarta
17:00h - Xogos tradicionais no parque infantil de Labarta
16:30h - XXVIII Gran Premio de Ciclismo San Marcos
17:00h - Visita da Selección Española Junior Masculina de Voleibol á Casa da Cultura
19:00h - Partido amigable entre a Selección Española e CV Noia, no pavillón Alonso Rodríguez
21:00h - Concerto na Praza do Tapal do grupo Contrastes
22:00h - Actuación na Alameda das orquestras

  • Philadelfia
  • Gran Parada

Domingo 27 de abril

10:00h - Dianas e Alboradas a cargo da agrupación Airiños do Mar.
9:30h - Saída da 1ª Ruta da Empanada BTT (bicicleta todo terreo)
10:00h - Concurso cabalar en San Lázaro
10:00/12:00/18:00h - Fase Final da Copa Galicia de Voleibol no pavillón Alonso Rodríguez
21:00h - Espectáculo de monólogos no Coliseo Noela:

Entrada 3€

Publicado un xoves, 10 de Abril de 2008. Categorías: Universitario, Festas

publicidade

FESTA DE ENXEÑARÍA QUÍMICA - 10 de abril
Escola Técnica Superior de Enxeñaría (Campus Sur)

Tres áreas de música, zonas cubertas, cervexa, calimocho, copas, chupitos, bocadillos… Todo aos mellores prezos ¿E aínda pensas faltar? ¿Que máis queres? Música en directo: Stratosfear, Such as mice, The Tappiporla Experience, Harmónicos Esféricos, The Conas, Axioma, She´s alone… O este xoves a festa tela no Campus Sur. Non dubidedes en vir á celebración de Leonardo 08. A mellor festa do curso facémola os enxeñeiros químicos. Nos esperes a que cho conten, contamos contigo. Non faltes!

san leo