Día mundial da alimentación

Publicado un martes, 16 de Outubro de 2007. Categorías: Varios

Hoxe, 16 de outubro, é o Día Mundial da Alimentación. Este ano toca concienciarse sobre o despilfarro de enerxía. Si, aínda que pareza que non ten nada que ver. Os biocombustibles poñen o punto en común.

O precio dos cereais está subindo moito, para todos, polo seu novo uso como materia prima para os biocombustibles. Os países do terceiro mundo teñen máis difícil comer. Pensa cada vez que uses o coche superfluamente, cada vez que non uses o transporte público, cada vez que non fagas un uso racional da enerxía que os teus miniluxos estanlle quitando de comer a outra xente

A única solución posible: reducir o consumo enerxético. Sábese dende hai séculos, dío a Primeira Lei da Termodinámica (”De onde non hai non se pode sacar” ou se o prefires “A cantidade de enerxía no universo é constante”).

Eu polo de agora cambiei a luz da miña habitación por unha de baixo consumo.

+info: tugueb.com