Castigado sen praia
Hoxe fai un día perfecto para ir a praia. Non teño nada en absoluto que facer, nada, nada, nadísima. Pero non podo ir á praia porque non teño amigos [para ir á praia]. Hoxe, deume plantón o señor Teira. Un plantón ademais dos grandes. Onte á noite aseguraba que iría á praia, aínda que estivese medio nubrado. Hoxe ten cousas que facer. E logo quererá que tomemos en serio o que di.
O peor non é que hoxe non poda ir á praia e probablemente non sala da casa. O peor non é que levo así unha semana enteira. O peor é que vai ser así todo o verán (un verán aínda peor que o do ano pasado). En resumiendo:
(Por orde de segundo se me vén á cabeza) Uru vai a dedicarse ó estudio e á ensinanza, deixando o pouco tempo libre que lle quede para ir a Ortigueira e Roma. Yolanda, entre checo e viaxe familiar, só estará unha semana de xullo e tres de agosto (aprox.). Jabo e Ali en teoría estarían dispoñibles a partir do 9-10 de xullo (sacando a Feira Medieval, que pasarán con Sabina), pero supoño que o tenis e os estudios farán que o pelo se lles vexa moito menos do desexable. Adriana, Aida e Berta van moi por libre. Con Teira non se pode contar. Lucía chega o 24, a partir de entón supoño que será das fieis. Betty non sei que tal compaxinará as prácticas, espero que ben. Carlos espero aprobe todas, se non non lle verei o pelo. Pachi… pois non sei que fará.
Probablemente me olvide de alguén: perdón. E se alguen se apunta, que mande email a buscoamig@parairapraia.com

nenoooooooooo!!!! hoxe acordeime de ti, pensando q estarías na praiña poñendote todo moreno…xq con este sol(q espero q por moito tempo)
Eu non podo baixar, estou de papeleos, maña acabo con eles xa(espero)e baixo maña a tarde, pero q tp estarei disponible xq teño cousas… e venres xa subo pa Orti, pero vente a Ortigueira… (marchamos venres no bus de 7.30, teira vai, non?)
e a partir de ahí… máis ou menos… todo o verán estarei pa pasar as tardes contigo e q non teñas q quedar na casa,jajajaja como sona esto……..
As prácticas serán pola mañ… e despois… sacando algunha escapada a Ourense, e/ou x algunha parte do mundo, estarei en Noia city (q mellor destino?? jeje) e en agosto a estudar..(de mña so, espero)
eso, q a subir esos ánimos e a disfrutar deste maravilloso verán!! nada de peor q o de ano pasado (se a xente se vai, o q o perden son eles… mentres esteamos aki, montámonos o noso!!! joer!!! non se vai a esperar a q o resto veñna de pasalo x ahí, pa facer as cousas… se non… dannos as uvas e acabamos sen facer nada…
asiq nada deso!!!
ata venres ou martes,
muakinhos
joer, é máis grande o comentario q a entrada!!!!!!! JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
encantaríame poder ser das fieis. deixei de ter a capacidade de lograr veráns libres. que máis quixera que iso.
e que os outros teñan plans e vida non é reprochable. invéntate un verán distinto, pensa, busca, non dependas de ninguén. por certo, por que non vés a tenis?
nota: Sabina tocará ata unha hora prudente, logo verasnos por Noia.
Ok, ok
A entrada era onte que tiña ganas de ir á praia e nada. Ó final non estivo tan mal o día de onte: fun facer uns recados co meu pai e ó final quedei con Teira, Carlos e Pachi ás 10 da noite ata a 1.
bo consello, ali
Moi ben dito Ali
O dito, despois do concerto volvemos para a feira jeje