Castigado sen praia
Hoxe fai un día perfecto para ir a praia. Non teño nada en absoluto que facer, nada, nada, nadísima. Pero non podo ir á praia porque non teño amigos [para ir á praia]. Hoxe, deume plantón o señor Teira. Un plantón ademais dos grandes. Onte á noite aseguraba que iría á praia, aínda que estivese medio nubrado. Hoxe ten cousas que facer. E logo quererá que tomemos en serio o que di.
O peor non é que hoxe non poda ir á praia e probablemente non sala da casa. O peor non é que levo así unha semana enteira. O peor é que vai ser así todo o verán (un verán aínda peor que o do ano pasado). En resumiendo:
(Por orde de segundo se me vén á cabeza) Uru vai a dedicarse ó estudio e á ensinanza, deixando o pouco tempo libre que lle quede para ir a Ortigueira e Roma. Yolanda, entre checo e viaxe familiar, só estará unha semana de xullo e tres de agosto (aprox.). Jabo e Ali en teoría estarían dispoñibles a partir do 9-10 de xullo (sacando a Feira Medieval, que pasarán con Sabina), pero supoño que o tenis e os estudios farán que o pelo se lles vexa moito menos do desexable. Adriana, Aida e Berta van moi por libre. Con Teira non se pode contar. Lucía chega o 24, a partir de entón supoño que será das fieis. Betty non sei que tal compaxinará as prácticas, espero que ben. Carlos espero aprobe todas, se non non lle verei o pelo. Pachi… pois non sei que fará.
Probablemente me olvide de alguén: perdón. E se alguen se apunta, que mande email a buscoamig@parairapraia.com
