O estado da nación
Hoxe, martes, hai debate sobre o estado da nación. A verdade é que é un nome un pouco desafortunado, polo de referirse a España como nación. Supoño que sería peor “debate sobre o estado do estado”. Un pouco cacófono.
Falando en serio. O “estado do estado” é bo. A aposta polas políticas sociais, o apoio ás liberdades persoais (propias dun goberno de esquerdas) colocaron a España no mapa de Europa. Unha Europa que, por certo, parece pasar unha crise de valores, co eixo franco-alemán na dereita, o euroescepticismo de Inglaterra e as polémicas dos novos socios, como Polonia.
A raíz do asunto é que a min me parece evidente, obvio, axiomático que o importante son estos valores, estas políticas sociais que sustentan o ideario da esquerda. Polo tanto, non sei como pode haber alguén que poida ser de dereitas. Non falo de o ben ou o mal que o podan estar facendo Llamazares, Zapatero ou Rajoy, senón de ideoloxía de esquerdas ou dereitas. Pero parece ser que hai xente que disfruta reprimindo as liberdades dos demais, como os altos sectores da Igrexa Católica. Non o podo entender.
Abrir de par en par as portas ós inmigrantes, a educación [para a cidadanía] en valores democráticos, permitir o divorcio, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Alguén pode dicir algo en contra de algunha destas cousas? (Sobre todo nas dúas últimas, nas que “lo que digan los demás está de más“). Pois parece ser que si.
E agora digo eu, ¿a alguén lle importa estas divagacións sobre política que me saen? Por certo, que nunca as dou escrito tal como as penso orixinalmente (a idea surxiu de estas dúas novas: [1] e [2]).

Totalmente dacordo contigo. Aínda que se o pensas, que non nos entre na cabeza que alguén poida ser de dereitas non deixa de cheirar un pouco a intolerancia… a min xa se me plantexou este diema algunha vez. E, por certo, grazas aos teus enlaces xa me enterei de que pensaron nos Erasmus na reforma da Lei Electoral, así que yupi! poderei votar outra vez sen problemas
a min si me importan e gústame lelas.
eu estou igualmente dacord(ísim)o. non hai moito máis que engadir ao que dis, Dave. só que a min non entendo á xente que di que a política non serve de nada e que é unha farsa. recoñezo que moitos políticos si o son, e pode que algunha das caracterísiticas do sitema tamén, pero a política como forma de guiar o benestar dos cidadáns non (aquí, fai uns anos, entraría Miguel dicindo que a persoa é a única que se ten que gobernar a sí mesma… non o nego, pero tampouco creo que sexa incompatible… a liberdade absoluta para todos penso que é sería perigosa, porque non todos respetan aos demais). política non só é unha “Actividad de quienes rigen o aspiran a regir los asuntos públicos”, senón tamén unha “Actividad del ciudadano cuando interviene en los asuntos públicos con su opinión, con su voto, o de cualquier otro modo”.
en canto ao da intolerancia, a min xa mo dixeron máis dunha vez, pero hai cousas que non me entran na cabeza e que nin tan sequera son capaz de respetar.
q bonito estar d vacacions!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
alicia studia
davit, muy de acuerdo contigo. a veces por coruña tengo que explicarles a mis compañeros que la política es necesaria, pero no una monotemática basada en insultos como la que está ejerciendo el pp. desgraciadamente, algunas de mis compañeras votarán a este partido tan poco democrático, pero eso no implica el bienestar que provoca el ser tolerante para que el resto de bellas virtudes que tienen salga a la luz.
El vive y deja vivir es un dicho muy apropiado, cada uno es libre de hacer lo que quiera( siempre y cuando no afectes a los derechos de los demás), pero espero que dentro de menos de un año, con las elecciones, ese querer no nos obligue a pasar 4 nuevos años de penuria ejecutiva.
P.D: el debate muy interesante