O estado da nación

Publicado un martes, 3 de Xullo de 2007. Categorías: Politiqueo

Hoxe, martes, hai debate sobre o estado da nación. A verdade é que é un nome un pouco desafortunado, polo de referirse a España como nación. Supoño que sería peor “debate sobre o estado do estado”. Un pouco cacófono.

Falando en serio. O “estado do estado” é bo. A aposta polas políticas sociais, o apoio ás liberdades persoais (propias dun goberno de esquerdas) colocaron a España no mapa de Europa. Unha Europa que, por certo, parece pasar unha crise de valores, co eixo franco-alemán na dereita, o euroescepticismo de Inglaterra e as polémicas dos novos socios, como Polonia.

A raíz do asunto é que a min me parece evidente, obvio, axiomático que o importante son estos valores, estas políticas sociais que sustentan o ideario da esquerda. Polo tanto, non sei como pode haber alguén que poida ser de dereitas. Non falo de o ben ou o mal que o podan estar facendo Llamazares, Zapatero ou Rajoy, senón de ideoloxía de esquerdas ou dereitas. Pero parece ser que hai xente que disfruta reprimindo as liberdades dos demais, como os altos sectores da Igrexa Católica. Non o podo entender.

Abrir de par en par as portas ós inmigrantes, a educación [para a cidadanía] en valores democráticos, permitir o divorcio, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Alguén pode dicir algo en contra de algunha destas cousas? (Sobre todo nas dúas últimas, nas que “lo que digan los demás está de más“). Pois parece ser que si.

E agora digo eu, ¿a alguén lle importa estas divagacións sobre política que me saen? Por certo, que nunca as dou escrito tal como as penso orixinalmente (a idea surxiu de estas dúas novas: [1] e [2]).