De tránsfugas
Hoxe foi o pleno de investidura en todos os concellos. En Noia non houbo ningunha sorpresa, pese os rumores que todos oímos (e os que lle teño que dar bastante veracidade), e o alcalde elixido foi Rafael García Guerrero, con maioría absoluta ao acadar o apoio dos grupos socialista e nacionalista.
Parece mentira que estando donde estamos (aínda que agora mesmo estemos celebrando só 30 anos de democracia) poda haber trasfuguismo. Refírome ao transfuguismo por dotación económica e non por cambios de pensamento — todo o mundo pode cambiar as súas ideas. A quen lle custe crer que isto poida pasar que recorde estes casos, entre eles o de Madrid, donde uns moitos euros fixeron que non gobernase o partido que o pobo soberano decidiu. Pero sigue así, e nestas eleccións aínda levou máis votos o partido que se dedicou a comprar a vontade do pobo.
E é que a xente está asqueada da política e dos políticos. Os políticos son, na conciencia popular, unha calaña, algo deplorable, uns chafalleiros, algo que non me gustaría que fose o meu fillo. Así que a xente que vale, con principios, con ideais deixa a política e dedícase a algo mellor. Teríamos que comezar por recoñecer o traballo político e darse conta da importancia das decisións neste ámbito (¿sabedes canta xente loitou e canta xente morreu para que poidamos ter democracia?). Así poderemos chegar a unha política tan interesante como na transición (que tanto se recorda estos días).
PD, por se a alguén lle interesa a última hora:
- Barbanza: O PP gobernará en minoría en Porto do Son, despois de que o BNG se negue a apoiar ao actual alcalde do PSdeG (expulsan á nº1 do BNG do partido, lamentablemente); O BNG pacta co PP en Muros por problemas persoais entre os candidatos socialista e nacionalista e en Boiro gobernará o BNG en minoría, gracias ao apoio do PSOE só na investidura.
- Cidades: Na Coruña ao final pactan PSOE e BNG e estarán ambos no goberno; en Vigo hai tamén pacto de última hora entre socialistas e nacionalistas, será alcalde Abel Caballero (PSOE)
- Área da Coruña: MonchoEsMucho deixa afortunadamente o bastón de mando ao BNG en Sada; Arrefino non conseguiu ningún escaño en Oleiros

cantas verdades dis, David, e que de acordo estou contigo.
Por favor, explica por qué lle das veracidade a eses rumores.
Arrefino arrasa xDD
EU, pois porque ese mesmo partido gañou outras eleccións co mesmo método e aí siguen, orgullosos de facelo. Ademais, fíome de quen mo dixo (non foi alguen no que moitos estaredes pensando).
que rumores?
yo no me enteré de nada