Trala campaña
Un detalle que me gustou. O luns pasaba por Bertamiráns no bus. Vin unha pancarta do que candidato que gañou as eleccións (Carlos Fernández) pero que non era un resto da xa rematada campaña, senón que agradecía a confianza do pobo e reafirmaba o compromiso do seu programa.
Un detalle que non me gustou. Nos carteis que quedaban da campaña, o candidato (do PSdG) saía con Touriño e Zapatero, insinuando que era mellor que el gobernase para poder traer axudas de arriba.
