Decálogo para vivir nun piso de estudiantes
[Esta lista irá crecendo]
- Aprende a prescindir de calquera cousa material. Principio basado na filosofía budista; non é máis feliz quen máis ten, senón quen menos necesita. Seguro que es capaz de prescindir de moitas cousas: silla con respaldo, vasos, culleres… Á fin e ó cabo, o ser humano ten unha enorme capacidade de adaptación. ¡Aprovéitaa!
- Perde escrúpulos. Isto facilita moito as cousas. Non terás que volver a fregar un prato que ves que ten pequenas manchiñas, non desconfiarás do cheiro a fritanga variada que desprende a sartén… Truco: axudarache pensar que en calquera restaurante son menos coidadosos con detalles deste estilo (podes incluso pensar que no teu restaurante favorito che escupen na comida).
- Se algo non che custa ningún traballo, ¡faino! (aínda que non che toque). Por exemplo, baixar a bolsa da basura se vas saír, comprar algo común de paso que vas ó súper ou varrer o pasillo de paso que varres a túa habitación.
