Municipais07 Noia: Rogelio Mora (Cidadáns de Galicia)

Publicado un xoves, 24 de Maio de 2007. Categorías: Noia, Politiqueo

Rogelio MoraA candidatura Rogelio Mora, alias el Manchego, foi toda unha sorpresa. O ex-policía municipal presenta unha lista que é tomada a broma por moita xente.

Ninguén dá nada por el e pouca xente lle fai caso. O máis seguro é que consiga poucos votos e non chegue a ningún escaño, aínda que se acada un é moi probable que sexa chave, como ocorría con Codesido. Iso pode ser o seu obxectivo principal, creo.

Rogelio aposta pola construcción dunha gran plaza de touros para asasinar animais, facer feiras de gando e concertos. Outras promesas son a construcción de vivenda de promoción pública, a ponte sobre a ría, o recheo do malecón, unha gardería pública e un centro de desintoxicación.