Municipais07 Noia: Manuel Codesido (Terra Galega)

Publicado un mércores, 23 de Maio de 2007. Categorías: Noia, Politiqueo

CodesidoCodesido preséntase como unha alternativa ós candidatos de partidos gobernados dende arriba (PP, PSOE, BNG). Presentarse por Terra Galega permítelle case o mesmo que se fose un independiente. Codesido xa estivo traballando no concello durante o goberdo de Mari Carmen Abeijón (PPdG) e de Pastor Alonso nunha lista moi heteroxénea que incluía xente de todas as cores. Aínda así, Codesido presenta unhas propostas máis ben de dereitas. Tamén, como o candidato do PSOE, un blog personal para a campaña.

Apoia fortemente a construcción do viaduto, xunto co PP. Pide obras, coas que coincide con moitos outros partidos: recinto feiral, ampliación do polígono, paseo ata Testal… No seu blog recolle unhas cantas ideas máis, algunhas das cales me parecen inviables. Ademais dixo na radio local que sería boa idea xuntar nun só concello a Noia e Lousame (wtf!).

O que máis me chamou a atención positivamente do seu programa foi a solicitude dunha liña de noitebús para Noia. Parece mentira que non caesen outros nesta idea que, ademais de evitar accidentes de tráfico, revitalizaría a noite noiesa.

Terra Galega podería ser o escaño clave que desempatase ó PP da coalición PSOE-BNG. Nese caso, Codesido terá cumplido o seu obxectivo. Se non, posiblemente non volvamos oír falar da súa candidatura.