Municipais07 Noia: Antonio Pérez Insua (PPdG)
Antonio Pérez Insua é o actual alcalde con maioría absoluta e candidato polo PPdG a revalidala. Na súa campaña estivo facendo buzoneo (é dicir, como se fose publicidade, non a través de Correos e non só ós electores) cun folleto que impugnou a Xunta Electoral por firmar como alcalde. Neste folleto destacaba dos seus catro anos de mandato só unha cousa: as obras que fixo. Algunhas destas obras son moi importante: a ampliación do Paseo Marítimo, a depuradora ou o enlousado do casco histórico (aínda que este último non me gustou nada como quedou).
E é que Tono Insua fai como moitos políticos e olvida que un alcalde ten máis que facer que obras. Así, no seu programa deixa en segundo plano cousas como a cultura, os servicios sociais ou a xestión das arcas municipais. É tamén un programa continuista: moitos puntos comezan por “seguir…”, “continuar con…” ou “manter…”.
De todo o programa, nada me chama a atención en especial. Todos é bastante dentro do común, esperable e de sentido común. Despois de dicir que o aparcamento non é viable, sumanse ó carro e din que eles tamén van facer un.
A lista do PPdG é totalmente nova, salvo o número un. Ningún dos concelleiros actuais repite.

pois dille a Ramón Santos que lea isto e xa tes debate para largo…
por certo, isto si que me gusta no blog
oxalá a túa primeira participación sirva para o cambio, un síntese xenial cando iso pasa.
yo leí la revista esa de mierda y lo único que hace es poner fotos de carreteras pseudoasfaltadas en las aldeas, y repetir muchas, muchas imágenes. bochornoso!!
“oye, pero tú qué estudias? tú sabes lo que es un aparejador? porque los aparejadores del Concello dicen bla, bla, bla…. el nuevo empedrado es mucho más funcional, porque… tú sabes todo lo que hay debajo?”
xDDD os suena? nada, Dave, no podemos opinar que el nuevo empedrado de la zona vieja (gran obra del sr. Insua) no nos gusta ni un poco, ni decir que la estética no está reñida con las nuevas tecnologías y lo funcional…Yo lo hice y me trataron de ignorante, snif snif. Y, por cierto, como osas decir que no se preocupan por la cultura? No oíste en el coche de propaganda que van a hacer “bibliotecas nas rúas”?
En fin…
Ramón é bo rapaz (ou iso creo) aínda que non o pareza…
e a min gustaríame que limparan a ría antes de ampliar o paseo marítimo, pero cada un ten prioridades distintas.
OS VECIÑOS DE NOIA NON SON PARVOS, VOTARON O QUE NUNCA DEBEU DE ENTRERAR COMO ALCALDE.
A REVISTA VAIA POR DEUS INTENTABA FACER CREER QUE TODA NOIA FORA FEITA POLO SEÑOR INSÚA, EN NINGÚN PUNTO RECORDA QUEN LLE DEIXOU OS ORZAMENTOS PARA O PASEO MARÍTIMO E O LUGAR, A EXPLANADA, EN FIN NON LLE PODEMOS PEDIR PERAS O LARANXEIRO JAJAJA UN SAUDO A TODOS OS NOISES.