Coliseo inundado
O Coliseo Noela de Noia leva inundado desde antes de decembro (cando se celebrou o festival de curtas). Estase deixando estropear e realmente é unha pena. O curioso é que isto ocorra durante a precampaña das eleccións municipais. Será porque o concello gasta os cartos en inauguracións do empedrado do casco histórico meses despois das obras (WTF!).
Ademais, por culpa de que o Coliseo está inutilizado, a escasísima programación cultural de noia (algunha que outra obra que trae o IGAEM polos pobos pequenos) tense que cancelar. Hoxe había unha obra (O faro, de Fulano, Mengano e Citano) que se tivo que suspender por ese motivo.
É moi moi triste. Se Avilés de Taramancos (o que conseguiu a rehabilitación do Coliseo) levantase a cabeza.
Actualizado sábado 14 de abril: A voz recolle a noticia e di que non haberá actos culturais en Noia ata outubro polas inundacións!! Ademais dise que “xa” comezaron as reparacións… o que non din é que fai máis de 5 meses xa había os problemas no coliseo.
