Linguas romances

Publicado un luns, 9 de Abril de 2007. Categorías: Varios

Lendo un texto en inglés doume conta de que, se se mira de xeito… externo, superficial, formal, o inglés é un pouco (ou un moito) feo e bruto.

Son moito máis bonitas as linguas romances: francés, catalán, portugués ou mesmo italiano. Buscando na música no ordenata atopo exemplos en forma de canción: Já sei namorar [L], Carla Bruni, Figlio de la luna

A ver se con esta entrada volvo a coller o ritmo de publicacións no blog tras semana santa.