Para os que veñan a San Pepe
Estaría ben que os que viñerades a San Pepe intentarades vir xuntos (que non veña un no tren que chega ás 3.50 e outro no que chega ás 4.10), por se temos que baixar do campus para deixar as cousas no piso. Os horarios están aquí. Podedes usar o blog para quedar.
E os que vos consideredes autosuficientes para chegar o campus e non teñades nada que deixar no piso, podedes mirar aquí rutas e horarios dos buses urbanos. Teríades que coller o E: Universidade (Plaza Pontevedra -> Elviña -> Zapateira) na parada “Alfonso Molina, Plaza de Madrid” e baixar en “Campus de Elviña, glorieta”). Moitos buses teñen pantallas que van avisando das paradas, así que non ten moita perda; pero de todas formas se hai que ir a buscarvos non hai ningún problema (polo menos pola miña parte).

Yolanda e Denís considéranse autosuficientes para chegar ata o Campus.Se imos (neste momento hai un 98% de posibilidades de que si), iremos no tren das 21.20 que chega ás 22.10 (información pensada sobre todo para os de aquí, que se queren vivir S.Pepe de verdade será mellor que non nos agarden, non?)
eu teño prácticas ata as 6, así que entre que chego ao piso e iso… teño a posibilidade de ir no R-598 das 19:20, pero penso que chegaría algo xusta :S entón, hai a posibilidade de coller un rexional ás 20:40 ou o R-598 de iolanda e denís. considerando que os rexionais non me molan demasiado e sabendo que só aforro 20 minutos, probablemente me vaia con eles, pero xa confirmarei cando fale cos filólogos.