Para os que veñan a San Pepe
Estaría ben que os que viñerades a San Pepe intentarades vir xuntos (que non veña un no tren que chega ás 3.50 e outro no que chega ás 4.10), por se temos que baixar do campus para deixar as cousas no piso. Os horarios están aquí. Podedes usar o blog para quedar.
E os que vos consideredes autosuficientes para chegar o campus e non teñades nada que deixar no piso, podedes mirar aquí rutas e horarios dos buses urbanos. Teríades que coller o E: Universidade (Plaza Pontevedra -> Elviña -> Zapateira) na parada “Alfonso Molina, Plaza de Madrid” e baixar en “Campus de Elviña, glorieta”). Moitos buses teñen pantallas que van avisando das paradas, así que non ten moita perda; pero de todas formas se hai que ir a buscarvos non hai ningún problema (polo menos pola miña parte).
