San Pepe 07

Publicado un martes, 20 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

FESTA o día 22 de marzo no campus de Elviña de A Coruña.

A festa empezará as 10 da mañá e prolongarase ata as 3 da maña, haberá música todo o día. Este ano a organización fixo un esforzo traendo máis grupos e de máis caché. Os concertos no escenario principal, que ten un equipo de sonido de 40000W e que estará situado no aparcamento da facultade de informática, empezarán as 20:00.

Durante todo o día haberá grupos tocando nas aulas dende as 10 ata as 20. Tamén haberá diversas actividades deportivas así como torneos de distintos videoxogos como o Pro-Evolution e Street Fighter.

Durante todo o día haberá distintas barras con cervexas, comida e todo tipo de bebidas alcohólicas (na entrada da facultade por arriba, baixo as carpas no aparcamento, na aula de exámenes e en dúas das catro aulas do terceiro piso).

Por se chove hai carpas contratadas onde resgardarse da choiva para que a festa poidase celebrar igual.

HORARIOS:

  • 10:00-20:00: Concertos dentro da facultade (planta 1)
  • 10:00-13:00: Concurso de programación
  • 10:00-14:00 e 16:00-20:00: Campionatos de deportes (pabillón) e de videoxogos (planta 3)
  • 10:00-19:00: Futbolíns (planta 0)
  • 16.20-20.00: Concertos no escenario B (detrás da facultade)
  • 18:00: Campionato Pedra, papel, tesoira.
  • Concertos no escenario principal:
    • 20:00: Sweet Oblivion Band (Rock alternativo)
    • 21:30: Heissel (Pop-Rock)
    • 22:50: Entrega de trofeos
    • 23:20: Cuchufellos (Speed Folk-Ska-Reggae)
    • 01:10: Pulpiño Viascón (membro fundador dos grupos Diplomáticos de Monte Alto e Garbanzo neghro)

Info oficial (arquivo .doc)

Para os que entran neste blog buscando as fotos da delegación de estudiantes de San Pepe (clic).

Vén a San Pepe

Publicado un martes, 20 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

renfe

Bah, malo será, hoxe non choveu nada.