Barça - Depor

Publicado un mércores, 28 de Marzo de 2007. Categorías: Concurso

Este sábado ás 10 xógase o Barça - Depor. Por proposta de Lu (proposta que será remunerada cun punto) vou poñer un concursiño.

Hai dúas modalidades de xogo. Cada persoa só pode participar nunha das dúas.

  • Adiviñar goleadores: Pódense dar tres xogadores de calquera dos dous equipos. Por cada xogador desa lista que marque gol no partido e por cada gol, dáse un punto. Pódense repetir xogadores que dixeran outros participantes ou incluso dos teus propios (é dicir, podes poñer dúas veces a Valdés dúas veces e outra vez a Ronaldinho).
    Exemplo: apóstase por Valdés, Valdés e Ronaldinho; o resultado foi tres goles de Valdés e dous de Riki; o participante leva 2x3 + 0 = 6 puntos!!
  • Adiviñar resultado: Para os que non se atrevan coa modalidade anterior esta é máis sinxela. Basta con poñer un só resultado (2-1, por exemplo) e, se acerta, lévase tres puntos. Non se poden repetir resultados que xa deran outros participantes.

"No! Joder!"

Publicado un sábado, 24 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

¡Que bueno! Un vídeo del pavo que en el concurso de Street Fighter del San Pepe 2007 en la fic estaba gritando No! Joder! todo morado. Todo un personagem!


Para os que veñan a San Pepe

Publicado un mércores, 21 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

Estaría ben que os que viñerades a San Pepe intentarades vir xuntos (que non veña un no tren que chega ás 3.50 e outro no que chega ás 4.10), por se temos que baixar do campus para deixar as cousas no piso. Os horarios están aquí. Podedes usar o blog para quedar.

E os que vos consideredes autosuficientes para chegar o campus e non teñades nada que deixar no piso, podedes mirar aquí rutas e horarios dos buses urbanos. Teríades que coller o E: Universidade (Plaza Pontevedra -> Elviña -> Zapateira) na parada “Alfonso Molina, Plaza de Madrid” e baixar en “Campus de Elviña, glorieta”). Moitos buses teñen pantallas que van avisando das paradas, así que non ten moita perda; pero de todas formas se hai que ir a buscarvos non hai ningún problema (polo menos pola miña parte).

San Pepe 07

Publicado un martes, 20 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

FESTA o día 22 de marzo no campus de Elviña de A Coruña.

A festa empezará as 10 da mañá e prolongarase ata as 3 da maña, haberá música todo o día. Este ano a organización fixo un esforzo traendo máis grupos e de máis caché. Os concertos no escenario principal, que ten un equipo de sonido de 40000W e que estará situado no aparcamento da facultade de informática, empezarán as 20:00.

Durante todo o día haberá grupos tocando nas aulas dende as 10 ata as 20. Tamén haberá diversas actividades deportivas así como torneos de distintos videoxogos como o Pro-Evolution e Street Fighter.

Durante todo o día haberá distintas barras con cervexas, comida e todo tipo de bebidas alcohólicas (na entrada da facultade por arriba, baixo as carpas no aparcamento, na aula de exámenes e en dúas das catro aulas do terceiro piso).

Por se chove hai carpas contratadas onde resgardarse da choiva para que a festa poidase celebrar igual.

HORARIOS:

  • 10:00-20:00: Concertos dentro da facultade (planta 1)
  • 10:00-13:00: Concurso de programación
  • 10:00-14:00 e 16:00-20:00: Campionatos de deportes (pabillón) e de videoxogos (planta 3)
  • 10:00-19:00: Futbolíns (planta 0)
  • 16.20-20.00: Concertos no escenario B (detrás da facultade)
  • 18:00: Campionato Pedra, papel, tesoira.
  • Concertos no escenario principal:
    • 20:00: Sweet Oblivion Band (Rock alternativo)
    • 21:30: Heissel (Pop-Rock)
    • 22:50: Entrega de trofeos
    • 23:20: Cuchufellos (Speed Folk-Ska-Reggae)
    • 01:10: Pulpiño Viascón (membro fundador dos grupos Diplomáticos de Monte Alto e Garbanzo neghro)

Info oficial (arquivo .doc)

Para os que entran neste blog buscando as fotos da delegación de estudiantes de San Pepe (clic).

Vén a San Pepe

Publicado un martes, 20 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Festas, Coruña

renfe

Bah, malo será, hoxe non choveu nada.

Ruleta de la fortuna

Publicado un domingo, 18 de Marzo de 2007. Categorías: Sobre este blog

¡Qué emocionante! El otro día en el concurso de la tele pusieron este panel:

ruleta

Gracias a todo el equipo de la Ruleta de la Fortuna

Outro xoves en Coruña

Publicado un venres, 16 de Marzo de 2007. Categorías: Amigos, Festas, Coruña

Este xoves foi outra noite coruñesa. Coruña cada vez é (aínda) mellor, non se pode negar*. Incluso o Kaox estivo ben. Lástima que ó final non estivese de humor, que estivese enfadado co mundo (e ata hoxe non me dese conta de que o problema é que son parvo). Esta cea/festa contou coas seguintes estrelas invitadas:

Teira (e a súa maldita doble moral) | Lucía e Carlos | Uru

Dani | Jabo e Pachi (no fondo) | Os espaguetis carbonara de Lu
Image

* Sacando o de pasar máis de unha hora esperando por/mirando a un futbolín.

¿Peiseija?, ¿tainicas?

Publicado un martes, 13 de Marzo de 2007. Categorías: Amigos

Ei peiseija, ¿compaste umas tainicas?

Esta frase de Teira, ¿que significado ten? Búscase a súa correspondente en calquera idioma, pistas da súa orixe, indicios de qué mente tan personagem pode inventar unha sucesión de fonemas tan misteriosa.

E o que é máis importante, ¿que son as tainicas? ¿Está a palabra tainicas no chan?

Xoves en Santiago

Publicado un venres, 9 de Marzo de 2007. Categorías: Universitario, Amigos, Festas

Videoclip testimonio dunha noite de xoves en Santiago (no Fonte Sequelo). Andrés Calamaro - Salud (Brindo por la mujeres):


Noite que estivo bastante ben, noite de ser tres polos pafetos (os tres de sempre, que diría Castelao, os que ultimamente nunca fallamos), noite triste, noite tortilleira.

PD: Pase o que pase no Barça-Madrid: Brindo con lo que sea que caiga hoy en el vaso,/ brindo por la victoria, por el empate y por el fracaso

Publicado un xoves, 8 de Marzo de 2007. Categorías: Rayadas

La paja mental sigue aumentando