Día de móbiles caídos
Organizouse un día de protesta contra a subida de prezos que as compañías de móviles españolas teñen pensado facer.
O asunto é que unha nova lei aprobada polo goberno estatal obriga a cobrar as chamadas por segundos dende o primeiro segundo. Todas as compañías menos Yoigo, para evitar que esta lei teña efectos prácticos, subirán o establecemento de chamada a 15 céntimos + IVE (unha subida do 25%). Deste modo as compañías móviles rinse dos usuarios e rinse do goberno. Apróbase unha lei e, no lugar de cumprila, buscan un xeito descarado de saltala.
Hai dúas convocatorias diferentes que andan pasando por Internet: o día 6 de febreiro e o día 1 de marzo. O que se pide que se faga é que se teñan os móbiles apagados todo o día e non se fagan chamadas nin se manden SMS ás compañías implicadas. Eu vouno a ter apagado os dous días, pero xa sabedes o meu número fixo, sí ese co 69.
PD: Non pasar esta convocatoria por SMS
