O comentario número 20

Publicado un domingo, 4 de Febreiro de 2007. Categorías: Concurso

É así de simple: o que poña o comentario número 20 nesta entrada levará 3 puntos para a clasificación. Só hai estas normas mínimas, para que o xogo teña sentido:

  • Se pos un comentario, para poñer o seguinte tes que esperar a que pasen 4 horas ou a que calquera outra persoa poña un comentario.
  • Para efectos da norma anterior, considéranse a “mesma persoa”, dúas os máis persoas dende un mesmo ordenador/habitación/aula.
  • Non se pode producir unha estricta alternancia entre dous participantes (o límite está en 2 alternancias). Excepción: se pasan 4 horas polo medio. Ex.: Situacións legais: ABCBCABC; ABCABCABC; ABAB(4 horas desde o último B)AB. Situción non legal: ABABA.
  • Eu podo poñer comentarios, que contan para os 20. Eu podo poñer o comentario 20, o resultado sería que ninguen gaña.

Espero que con estas normas funcione e sexa divertido. E coidado con facer trampas.