Un sábado en Coruña
Este sábado tocou quedar en Coruña. Para facer algo decidimos ir ó cine (Jabo, Barreiro, Pensado, Fanny e eu). É pasou algo que di Teira*: non planeamos nada e saíu moi ben.
Para comezar, eliximos a peli case de casualidade (El truco final, el prestigio) é estivo moi moi ben. Á saída uníronse Uru e Mica (que pasaba este fin de semana en Coruña). Fomos a dar unha volta e tomar algo antes de ir para casa. Fomos a La bombilla a tomar algo (os que foramos ó cine estabamos sen cear e xa pasaban das 12…).
Despois de tomar unhas tapas, Barreiro descubriunos un gran lugar: o Pirata. É un pub-antro na zona da cidade vella no que podes pedir unha xerra de litro ou de 2 litros de chupitos. Pedimos unha que estaba moi boa, que deu para 6 ou 7 chupitos para cada un (eran suaves) por 11€ que lle debemos a Jabo. Este sitio é moi a ter en conta para volver máis veces. ¡Gracias polo descubrimento, Barreiro!
Despois estivemos no Humor, no Kaox e no Bar Egeo. Demos unha volta máis polo Orzán e para casa, que xa eran as 3. Para non ir a saír unha noite moi boa.
Como dixo Uru, esta semana quedamos con ela o xoves, venres, sábado e imos quedar domingo. Jeje.
* Nótese que como Teira nunca di nada en serio, non se pode ter en conta isto.
