Post Privado

Publicado un domingo, 7 de Xaneiro de 2007. Categorías: Amigos

Tanto misterio para que? Simplemente para dicir que Carlos está de cumple este sábado, día 13 de xaneiro. Sip, vaya chorrada, verdade? Pois non, utilizarei este blog como intento de forma de comunicación colectiva Coruña-Zapateira-Santiago-Noia (mima! parece un Castromil!) sobre o asunto do regalo.

Do último regalo encargáronse Yolanda, Ali e Uru. Desta vez, Giolanda (Yiolanda) decidiu unilateralmente que nun sorteo imaxinario nos tocou comprar o de Carlos a Jabo e a min. Así que chamo á colaboración de todos os demais (especialmente aqueles ós que non lles soe tocar en “sorteos” comprar regalos, e aínda máis ós que nin compran nin pagan*…).

Chamo á vosa colaboración suxerindo ideas de regalos e opinando sobre as demais. ¡Deixa o teu comentario! Tamén se agradecería que quen vaia a poñer para o regalo deixase un aviso.

Lista de ideas para regalos (actualízase cos comentarios):

  • Toalla de praia
  • Canasta para papelera
  • Pendiente
  • Calzoncillo(?)
  • Bufanda(?)
  • Gafas de sol(??)
  • Aceite Johnsons (??)
  • Carpeta (??)

* Non estou de mal rollo, non me importa que me “tocase” no “sorteo”. ^_^

PD: Si de repente parece que non funciona esta entrada, é porque está Carlos intentando entrar. Entón a contraseña será p4p4d3lt@s e en vez de esta entrada aparecerá outra para disimular.