Xoves 28: Galiza - Ecuador
Este xoves, un grupo de 6 noieses, 2 lousamianas e 1 ribadumiense cambadés fomos convocados para asistir ó partido Galiza - Ecuador, que se xogou en Riazor (1-1, por certo). Alí encontrámonos con algúns taragoños, varios galiza-noveses e un sociata.
A noite foi máis larga e intensa do que esperaba. A min non me deu por beber, pero houbo a quen lle afectaron as cañas… Pasaron moitas cousas, pero non me enterei de todas. Así que aproveito para facer un experimento. Que cada un conte o que queira da noite por medio dos comentarios. A ver se funciona… pese a que moita xente non se pode conectar…
