Entradas Selección Galega
Hoxe fun comprar as entradas para o partido da Selección Galega. Onte todavía non as vendían (cambios de última hora ò_ó ) e ademais non venden as de preferencia inferior (fixo que quedaron para os enchufados.. ò_ó ). Así das de 8€ que quedaban para a venda, o pavo doume as que creía mellores. Son en marathon inferior pares. É a fila 13. Non están a contrasol. Ver mapa do estadio (onde pon Pabellón é onde está o paseo marítimo, para que vos fagades unha idea)
Teño as 9 entradas aquí e a pregunta é: ¿deixoas en Coruña ou lévoas para Noia? Eu a miña case seguro que a vou a deixar aquí.
