VIII Mostra de Curtas Vila de Noia

Publicado un luns, 4 de Nadal de 2006. Categorías: Noia

Hoxe clausurouse a VIII Mostra de Curtas “Vila de Noia”. Este ano durou 5 días. Foi unha das edición con menos medios e das que menos publicidade se lle deu en prensa e TV. A asistencia non foi moi abundante. Deberíase apostar máis forte por esta iniciativa para que non siga decaendo.

Entre as curtas exhibidas este ano que puiden ver e que máis me gustaron atópanse La Lupe i en Bruno (Marc Riba e Anna Solanas, animación), Morir, dormir, soñar (Miguel de Arco), El mejor mecanógrafo del mundo (Rafa Piqueras), Háblame bajito (Fernando Merinero, premio del público) e Carne de Neón (Paco Cabezas, gañador de varios premios).

A gran gañadora foi El espacio de las apariencias de Carmen Rico, aínda que non foi das miñas preferidas. Pero bueno, felicidades de todas formas.