Xornal dominical
Lendo o xornal de hoxe despois de comer, como me gusta facer para disfrutar do domingo, vexo novas que me meten ganas de escribir sobre elas aquí.
Novas como a do atentado en Barajas. … … Costa que salan palabras. Rabia, impotencia, incomprensión… Ás veces penso que os etarras o único que queren é rirse dos demais. Se non, que sentido ten o atentado de onte? Para o único que serviu foi para retroceder, volver atrás, ós 90 incluso… O único sentido que ten é que ós terroristas lles guste rirse vendo que cara lle puido quedar a Zapatero. Ou rirse de como PNV e EA intentan saír ó paso, intentando convencernos de que porque os malos pensen como eles, non quere dicir que eles sexan os malos. Ou rirse dos españois, que convocan dúas manifestacións en contra de ETA nunha mesma cidade e acaban enfrontándose os uns cos outros. E acabo tendo asco dos políticos, que o único que buscan e sacar tallada, en vez de buscar o beneficio común. Por unha vez que lle fagan caso ó rei: un gran asunto, grandes partidos, un gran acordo (Antonio Martínez, moi recomendable como sempre).
Tamén vexo unhas declaracións de Bush que me fan pensar como de diferente pode ser a súa mente: califica a execución de Sadam un feito importante no avance de Iraq hacia a democracia. Que concepción de democracia ten este home? Matar (tanto dá a quen) acerca máis á democracia?? Non o entendo.
Remato cunha notica bastante máis amable: desde mañá os búlgaros e rumanos pertencen a Unión Europea. Benvidos ^_^
Abandono este blog. Non vou a escribir máis. Nunca o debín comezar. Foron euforias dun domingo despois dunha festa de cumpleanos. Falsas ilusións.


