Porra: Depor-Celta

Publicado un mércores, 15 de Novembro de 2006. Categorías: Concurso

Xa que non imos ó partido, vou organizar polo menos unha porra. Poñede os vosos resultados para o Depor-Celta como comentarios (ex.: Depor 0 - 0 Celta). Hai 3 puntos en xogo.

Normas:

  • Só se pode poñer un resultado por participante. Non se pode cambiar de idea unha vez posto un resultado.
  • A participación non ten ningún custe.
  • Non se poden repetir resultados. O gañador será o primeiro que poña o resultado verdadeiro.
  • O prazo para poñer resultados remata o domingo 19 ás 20.00 horas. O partido retransmítese por Canal+ ás 21.00 horas.
  • O premio pode quedar deserto.
  • En caso de conflicto, este será resolto unilateralmente pola organización de “Diario dun piso de estudiantes”.

Resultados recibidos:

  • Jabo: Dépor 2 - 1 Celta
  • Lu: Dépor 3 - 1 Celta
  • Ali: Dépor 0 - 1 Celta < —— Gañadora
  • Yolanda: Dépor 1 - 2 Celta
  • Óscar: Dépor 1 - 1 Celta
  • Teira: Dépor 0 - 0 Celta
  • Celia: Dépor 1 - 0 Celta
  • Silvia: Dépor 3 - 2 Celta
  • Uru: Dépor 2 - 2 Celta
  • Mikel: Dépor 1 - 3 Celta