Diario dun piso…(V) - Xa somos catro
Pois si, xa somos catro no noso piso. Dende este luns. Temos nova compañeira. Chamoume o sábado para preguntar polo piso. Vini, vidi, venci. Veu o luns pola mañá, viu o piso e aceptou. Trasladouse esa mesma noite.
Chámase María e é de Lugo. Este é o seu primeiro ano en Bioloxía. A miña cara xa lle sonaba de verme na Escola de Idiomas. De momento non nos coñecemos moito (apenas estou no piso, só das 23 horas en diante).
Aguntaranos? Soportaranos? Para sabelo teremos que agardar.
