Noite de Samhain
Hoxe é a noite de Samhain, festa de tradición celta que despois da censura cristiana acabou sendo Halloween. Samhain significa “fin do verán” e coincidía co fin de ano no calendario celta.
Facíanse grandes fogueiras no fume das cales se podían ver os espíritos dos mortos e as almas dos nenos que aínda non naceran. Tamén se abrían as tumbas e iluminánse con antorchas para que os espíritos poidesen saír.
Era unha data máxica e especial que se agardaba durante todo o ano. Tamén todos nós levamos agardando a noite de hoxe, unha noite de Samhain na Coruña. Vai ser unha noite máxica e especial. Animádesvos a vivila?
