Test para elixir distro de Linux

Publicado un sábado, 28 de Outubro de 2006. Categorías: Varios, Internet

Xa sei que levo bastante sen actualizar este blog (mañá engadirei algo), pero é que non tiña moitas ideas e tampouco moito tempo: hoxe andiven a fuchicar no portátil, para poñelo ó día. Estiven a instalar unha distribución actualizada de Linux*. Non me levou moito isto, pero despois estiven instalando programas que usamos en clase (basicamente o compilador de Java). Isto custou un pouco máis porque non teño Internet no portátil e por problemas co software propietario de Sun. ò_ó

Para os que non sexades de Linux todavía, eu recoméndovos que o probedes. Se non sabedes que distribución escoller, facede este test: Linux Distribution Chooser (aínda que eu recomendaría Ubuntu directamente). E se necesitades axuda, xa sabedes donde tedes un informático… Carlos e Jabu.

* unha distribución de Linux é unha versión, un sabor (ten o mesmo núcleo pero diferente acabado).