Diario dun piso… - Semana III

Publicado un domingo, 22 de Outubro de 2006. Categorías: Amigos, Piso estudiantes, Coruña

Durante a semana comprometinme a escribir sobre o que pasou o martes coa visita de Teira. Nunca me volverei a comprometer a escribir sobre algo no blog, porque se despois non me apetece é un coñazo. Ademais todo o mundo xa se enterou de que pasou e escoitou varias versións. Incluso Teira recolle no seu blog Rima Libertina outra crónica.

En resumo: Teira subiu a Coruña para sacar fotos de María Pita sen cámara e saúdar a un/s amigo/s co/s que non había quedado; cando lle deu por aí apareceu no noso piso aparentemente ebrio e cunha litrona; mexou moito; quedou a durmir; ó día seguinte marchou.

Iso é o que mola de vivir nun piso de estudiantes: os amigos*. Vives con amigos. Podes ir a facerlles visitas ós amigos. Poden vir amigos a cear. Podes ir a outra cidade a ver a amigos. Sempre hai amigos cerca. Pasas moito máis tempo cos amigos.

Unha visita dun amigo nunca molesta, aínda que non se poda falar nin razonar con el. :-P Teira, a ver se volves pronto (aínda que o día despois en clase foi difícil aguantar desperto).

*Amigo: aquela persoa que che coñece a fondo e sabe todo sobre ti e, aínda así, quéreche e preocúpase por ti.

Todavía sen comentarios »

Dirección para facer TrackBack do URI

Todavía non hai comentarios. Escribe o teu!

RSS feed de comentarios desta entrada.

Deixa un comentario

Todos os campos son opcionais. Podes usar estas etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


antispam
Protección contra spam: escribe o texto de arriba na caixa. Gracias.