500 visitas

Publicado un mércores, 18 de Outubro de 2006. Categorías: Sobre este blog

Felicidades a todos! Especialmente a min! :-P Acabamos de superar os 500 visitas a este blog, e xa máis de 1500 páxinas servidas*.

* Visitantes é diferente a páxinas servidas: cada visitante pode ver varias páxinas por visita, así que 1 visita -> varias páxinas.

Minientrada

Publicado un mércores, 18 de Outubro de 2006. Categorías: Universitario, Piso estudiantes, Coruña

Escribo esta minientrada desde a facultade para tranquilizar a todos os que se preocuparon pola entrada anterior. Non fai falla que veña ninguen máis a Coruña a tranquilizarme! Non é para tanto! Non me vou cortar as venas! Parece ser que a todos a interpretaron esaxeradamente. E Teira decidiu pasar á acción e vir aquí!!

Proximamente neste blog: a historia de Teira completa, máis reflexións sobre os sábados, máis rayadas de David, a monarquía dos Lunnis e moito máis. E todo escrito mellor e con menos présa.