Diario dun piso… - Semana I

Publicado un domingo, 8 de Outubro de 2006. Categorías: Universitario, Piso estudiantes, Coruña

Esta semana que morre hoxe comezou o curso universitario para min. A partir de agora, comezarei a facer honra do título do blog e contarei como é a vida no noso piso de estudiantes™.

O luns foi o primeiro día de clase, clase pola tarde por certo. Cada vez se está mellor na facultade: máis coñecidos e máis máis-que-coñecidos (gracias á gran cena de fin de curso do gran Ras!), asignaturas (aparentemente) máis fáciles, sabes donde está todo e como vai todo, Bruno o de reprografía saúdache, etc.

Para este curso teño dous propósitos. O primeiro é manter o piso limpo. Para todo aquel que non vivise nun piso de estudiantes™ coméntolle que este é un tema ben delicado. Pode ocorrer (como nos ocorreu o ano pasado) que todos os que vivan no pisan estén de acordo en que “hai que limpar”, en que “así non se pode seguir” e en que “o que máis limpa son eu”, pero que ninguén faga nada. Este ano, de momento vai ben. Aínda non nos deu tempo a manchar moito, pero o que fomos manchando fómolo limpando e fregando e baixamos sempre a basura*. Eu firmaba porque acabásemos o curso así, non pido máis.

O outro propósito é facer máis vida en Coruña. Refírome a cousas como ir máis ó cine ou quedar para cear xuntos os dos diferentes pisos. Así que entre outras cousas, vaise intentar facer o día da cena coruñesa: a semana pasada foi improvisada e na casa de Uru e esta semana toca no noso piso e probablemente conte coa estrela invitada de Ismael Teira. Tamén axudará a facer máis vida a Escola de Idiomas e o ximnasio.

Nada máis dicir universidade, pásase pola cabeza a palabra xoves. Para todos os alleos o mundo estudiantil, explicarei que os xoves pola noite reúnense os estudiantes, as elites intelectuais de Galiza para conversar sobre as súas inquietudes e liberar as tensións acumuladas. A isto chámaselle botellón. Esta semana tocou en Santiago, como manda a tradición de apertura de curso. Se me puxese a falar desa noite aquí, isto alongaríase moito. Ademais, como cada un de nós ten un anaco de noite que quere olvidar (creo eu), non vou a entrar.**

Perdón por ser tan extenso desta vez, a próxima prometo ser máis breve. É o peor de todo é que falei moito pero non dixen nada.


* Perdón polo castelanismo.

**O que non fago é dicir que hai un anaco moito máis grande de noite que lembrar.

3 comentarios »

Dirección para facer TrackBack do URI

  1. Comment by Yolanda, October 8, 2006 @ 19:50

    ximnasio ?!?!?!?!?!?! wow! ti tamén?

  2. Comment by Ali, October 8, 2006 @ 22:44

    e este mércores onde toca?? eu voto por stgo, again…

  3. Comment by David, October 10, 2006 @ 13:02

    a ver.. a ver..

RSS feed de comentarios desta entrada.

Deixa un comentario

Todos os campos son opcionais. Podes usar estas etiquetas HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


antispam
Protección contra spam: escribe o texto de arriba na caixa. Gracias.