Votación para a foto do camping
Para seudo-democratizar algo este blog, vou deixar nas vosas mans a quen se lle dan os 2 puntos pola mellor foto do camping de Paxariñas. Para iso seleccionei estas 4 finalistas:
Foto A: “con bolsas” | Foto B: “contraluz” | Foto C: “patatas” | Foto D: “despertar”

Agora tes que elixir unha e votar por ela. Entrar na páxina de votacións. O prazo para votar remata o 6 de outubro, venres, ás 22:30 (CEST).

Eu votei en branco, pareceume o máis legal posto que son…digamos…concursante, jeje, pero das que escolleches, lle daría o premio a ************
Queda censurado o final do comentario para que a xente non sepa quen sacou cada foto (aínda que se sepa) e non se vote según iso.
Conclusión: se estas son as mellores fotos é que en xeral non valen pa moito… Menuda cara a miña na das patacas, ays, ays!
Glups, sínto ter posto enton o que puxen no final do comentario, jeje, pro oes, aínda así david, penso que se sabe igual, non? nfn, sorryyy…
P saudiña!!
E teño a sensacion de que iolanda se vai quedar castigada sen fotos… por criticalas