Non había trama organizada

Publicado un domingo, 17 de Setembro de 2006. Categorías: Varios

Pintada en MahiaSegundo vemos na edición de hoxe de El País, La investigación de la Guardia Civil descarta la trama criminal en los incendios de Galicia. Así que non hai forma de botar balóns fóra, de culpar a outros. Non foron políticos da oposición, non foi unha mafia, non foi Mahía (por certo como se parece mafia a Mahía), non foron os narcotraficantes; fomos os galegos.

E é que isto daba para moitos programas de Carlos Blanco, de Somos unha potenzia: somos unha potenzia en pirómanos, somos unha potenzia en tolos, somos unha potenzia en delincuentes, somos unha potenzia en imbéciles, somos unha potenzia en non aprender, somos unha potenzia en falta de previsión…*

Catedral de Santiago Eu sei como comezou todo isto dos incendios. É evidente, comezou como comeza todo aquí: alguen moveu os marcos. E a partir de aí, alguen prendeu o monte por vinganza, se ti prendes préndello eu tamén, din na tele que están ardendo no Barbanza vámoslle prender aquí tamén… Se ata o caso do veterinario de Aguiño e o maltratador de cans e cousa de mover marcos!

O prestige, os incendios e que será o seguinte? Pois está claro: unha bomba que tire abaixo a catedral de Santiago. Home, primeiro foi o turismo de sol e area, despois o turismo de natureza e turismo rural e agora tócalle ó turismo cultural. Non aprendemos, nunca máis.

* Acabo de enterarme de que acabou Somos unha potenzia, para sempre parece ser… unha mágoa. Como dicían no propio programa: “para unha cousa boa que botaban na tele“.