Cambios na TVG

Publicado un venres, 25 de Agosto de 2006. Categorías: Internet, Blogosfera, Vídeos

De feito xa non se chamará TVG, senón “a galega”, e cambiará a súa imaxe corporativa. Será a partires de setembro, para intentar modernizarse e deixar definitavemente atrás a época telegaita (que conste que discrepo con moitísimo do que se di no enlace anterior).

O que non se sabe e se seguira Gayoso co seu Luar (que non da escarmentado coas chamadas: aquí unha e aquí outra).

Noticia vista en Nem tele, nem gaitas.

Actualizado:

Do que me acabo de enterar é de que rematou Pratos Combinados, a mítica serie de Miro Pereira, para sempre!! O último capítulo foi en maio. Di Morris, o cuñado de Miro:

Si [que rematou para sempre Pratos Combindos], foron once anos, o que pasa é que se repetiron un mogollón. Hai unha cousa que me senta mal da TVG, que non traten as cousas de aquí cunha certa elegancia. Se remata Pratos, remata, dálle un final. O día que acabou, Miro Pereira dicía: «¡Grazas por todo!» e, de súpeto, comezaba outro repetido.