Nuñez Feijoo facendo o teatro

Publicado un domingo, 13 de Agosto de 2006. Categorías: Internet, Blogosfera

É indignante a foto de Núñez Feijoo facendo coma que está apagando un incendio nun sitio xa ardido e cunha mangueira que case non bota auga. A foto fíxose coa prensa o día despois de que foran á festa do Albariño en Cambados, nun monte próximo. En ArdeGaliza.info critican a dita foto.

ACTUALIZACIÓN: Atopado este outro blog cunha entrada similar. 

Inauguración

Publicado un domingo, 13 de Agosto de 2006. Categorías: Sobre este blog

Hoxe, 13 de agosto de 2006 (un día moi especial), inauguro oficialmente este blog, dando a dirección a todos os amigos e anotándoo na Blogaliza e en Technorati e activando os trackbacks a outros blogs.

Xa hai algunhas entradas escritas para non empezar o blog dende cero. A data de publicación pode ser obviada. A partir de hoxe comezarei a publicar con máis frecuencia.

Sobre o blog cabe explicar que hai postas xa algunhas páxinas que non caducan co tempo. Accedese a elas dende o menú da dereita (arriba de todo). Tamén aproveito para comentar que hai unha clasificación dos usuarios máis activos no blog.

Gracias por visitarme e disfrutade do blog (activamente!:comentarios,etc.)

David