¿En que idioma escribo este blog?
Estou pensando en qué idioma escribir este blog. ¿Castelán ou galego? En castelán podería enterme máis xente, pero… ¿a quen lle vai interesar este blog que non sepa saiba galego? Non creo que ninguén non coñecido o queira ler.
Podería escoller o idioma no que me sexa máis fácil escribir, pero considero que nese sentido, en canto competencias, son bastante bilingüe (aínda que sexa moi diglósico en outros aspectos).
Decidir por motivos políticos? Non. Ideolóxicos? Mmm… non. Revindicar que somos diferentes? Non.
Quizais un modelo bilingüe ó máis puro estilo Silvia Tubío (mosarela)…
Probaremos a empezar en galego. Para compensar a minoría na rede. Eso si, espero que vos guste o meu galego: non é galego reintegracionista e tampouco un galego moi acastrapado, é un galego bastante ILG-RAG pero que se lle vai facer…
Comentarios e suxerencias ben recibidas