Mar de Fondo 2009
ACTUALIZADO a 03/07/2009
Este ano ten lugar a segunda edición do festival Mar de Fondo en Noia. Despois do gran comezo que tivo este festival, xa se coñecen todos os detalles para este 2009.

Mar de Fondo 2009: “Shake and Vibrate edition!”
O festival terá lugar o 14 e 15 de agosto no patio do Campo de San Alberto. O cartel xa está confirmado e queda así:
Venres 14 de agosto:
Baby Charles (UK)
Cooper (León)
The Phantom Keys (O Grobe)
Os Chavales (Compostela)
Ummagumma Rock And Roll Explosion (Noia)
Sábado 15 de agosto:
Sidonie (Barcelona)
Dustaphonics (UK)
Loveless Cousins (A Coruña)
Supersound (Noia)
StrabismO (Noia)
As entradas sairán á venda por un precio único de 10€ para os dous días (non haberá para un só día). A entrada tamén da dereito a acceder a un recinto de acampada gratuíta acondicionado con duchas.
Unha das novidades deste ano e que haberá sitio para os grupos máis recoñecidos de Noia: Supersound, Ummagumma Rock’n'Roll Explosion e Strabismo.
E para os que estean interesados no resto de datas de actividades no verán de noia (Feira Medieval, Festas de San Bartolomeu 2009, Programa “Noia Rúas Vivas”, Concentración Mototurística, Festa da Empanada, Concurso canino, Ciclo de Maxia…), podedes consultar toda a información nesta páxina do xornal certo.es.
